Bernardo de Balbuena

Bernardo de Balbuena, nado en Valdepeñas (Cidade Real) o 20 de novembro de 1564 e finado en San Xoán de Porto Rico o 11 de outubro de 1627, foi un prelado e escritor castelán.

Infotaula de personaBernardo de Balbuena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1568 Editar o valor em Wikidata
Valdepeñas Editar o valor em Wikidata
Morte11 de outubro de 1627 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
San Xoán Editar o valor em Wikidata
Roman Catholic bishop of Puerto Rico (en) Traducir
27 de xaneiro de 1622 – 11 de outubro de 1627
← Pedro de Solier y Vargas (pt) TraducirJuan López de Agurto de la Mata (pt) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad de San Antonio de Porta Coeli (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1622–), escritor , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónPedro de Oviedo Falconi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi fillo ilexítimo dun indiano. O seu pai, con propiedades en Nova España, regresou a México en 1564. Balbuena quedou en España coa súa nai e en 1584 pediu licenza para viaxar a México onde chegou con 22 anos, viviu co seu pai algún tempo e ordenouse sacerdote.

Esta longa separación do seu pai amósase no tema da orfandade, principal fío narrativo da lenda de Bernardo del Carpio que haberá de narrar anos máis tarde no seu gran poema de épica culta Bernardo del Carpio o la Derrota de Roncesvalles. En 1585 gañou un concurso poético e instalouse en Guadalaxara; volveu gañar outro concurso ou certame en 1590 e en 1592 accede ao posto de capelán da Real Audiencia de Guadalajara, onde empezou o seu gran poema o Bernardo, terminado dez anos despois. Balbuena vive longo tempo no reino de Nova Galicia, e residiu nunha pequena e illada localidade próxima a Compostela, San Pedro Lagunillas.

Xa en España, en 1593 escribiu Balbuena Grandeza mexicana, amplo poema en tercetos encadeados en eloxio da capital do vicerreinado, publicouse en 1604, doutórase en teoloxía pola universidade menor de Sigüenza en 1607, en 1608 publicou a novela pastoril Siglo de Oro en las Selvas de Erífile.

O libro, posúe unha prosa poética excelente, sen apenás argumento e supón unha volta aos modelos italianos do xénero, cando xa a novela pastoril se castelanizara mercé á obra de Gaspar Gil Polo. Empeza a verse nesta obra que o talento descritivo é o forte como poeta de Balbuena. En 1608 logrou Balbuena que o nomearan abade de Xamaica, onde chega en 1610.

O seu intento por converter Xamaica en bispado fracasa, pero en 1623 foi nomeado bispo de Porto Rico; aporta á illa en 1626, e escribe un informe sobre a illa, onde entre outras cousas escandalízase polo grao de consanguinidade que atopa; antes foi durante dous anos provincial de Santo Domingo. O Bernardo aparece ao fin en Madrid en 1624.

Unha incursión do pirata holandés Balduíno Enrico destrúe a súa casa e biblioteca na capital da illa San Juan, perdéndose gran parte das súas obras.

súa idea da poesía coñécese a través da Introdución ao Bernardo e o Compendio apoloxético en encomio da poesía, un erudito tratado de poética que sostén unha concepción case parnasiana da beleza formal.