Gustave Moreau
Gustave Moreau, nado en París o 6 de abril de 1826 e finado na mesma cidade o 18 de abril de 1898, foi un pintor, gravador e debuxante francés, precursor do Simbolismo e da estética decadente de finais do século XIX.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1826 París, Francia |
Morte | 18 de abril de 1898 (72 anos) Rennes, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montmartre |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Escola Nacional Superior de Belas Artes (1846–1849) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Países Baixos (1888–1888) París (1888–1898) Bélxica (1888–1888) Nápoles (1859–1859) Roma (1859–1859) París (1859–1888) Florencia (1858–1859) Venecia (1858–1858) Milán (1858–1859) Florencia (1858–1858) Roma (1857–1858) Italia (1841–1841) París (1841–1857) París (1826–1841) Reino dos Países Baixos |
Ocupación | escultor , pintor |
Empregador | École des Beaux-Arts (pt) |
Membro de | |
Xénero artístico | Pintura de historia, pintura relixiosa e pintura mitolóxica |
Movemento | Simbolismo |
Profesores | François-Édouard Picot |
Alumnos | Nelson Dias../... 41+ (pt) |
Influencias | |
Lingua | Lingua francesa |
Mecenas | Charles Hayem |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Louis Moreau (pt) |
Premios | |
Traxectoria
editarGustave Moreau era dunha familia burguesa que non puxo obstáculos á súa vocación artística. En 1888 entrou na Academia das Belas Artes en París e foi profesor de pintores que logo foron célebres, como Henri Matisse, Albert Marquet e Georges Rouault. Viaxou a Italia no ano 1841, e logo volveu entre 1857 e 1859 para copiar os mestres italianos. Faleceu aos setenta e dous anos de idade. Foi sepultado no cemiterio parisiense de Montmartre. Á súa morte deixou como legado o seu taller, que se converteu no museo Gustave Moreau, inaugurado o 13 de xaneiro de 1903. Apuntouse para a guerra franco-prusiana do 1870, pero non puido quedar por causa da súa reuma.
Obra
editarA obra de Moreau vai do Romanticismo ó Simbolismo. Aínda que é frecuente incluír a Moreau na nómina dos pintores simbolistas, a súa obra anticipouse en varias décadas á proclamación oficial do movemento por Jean Moréas en 1886.
Nas primeiras obras de Moreau son destacables as influencias de Ingres, no tratamento da anatomía, especialmente masculina, e de Delacroix, en canto á elección de temáticas exóticas, a través do seu mentor Théodore Chassériau, quen fora discípulo de ambos. Co tempo, a obra de Moreau vai concedendo menor importancia á liña e máis ao colorido. Da súa última etapa, consérvase no museo Moreau unha serie de acuarelas que a crítica contemporánea considera moi próximas á abstracción.
O mundo de Moreau está poboado de adolescentes andróxinos e mulleres fascinantes e perversas (como a Salomé do seu cadro A aparición, pero tamén Dalila ou Deyanira). Mostra tamén unha certa predilección polo monstruoso. É patente o seu interese polo oriental tanto na elección dos temas como na ambientación decadente dos seus cadros (Xúpiter e Sémelle, por exemplo, evoca poderosamente a arte da India).
Non frecuentou moito os temas cristiáns, aínda que en 1862 pintou, por encargo, un Via crucis para a igrexa de Notre-Dame-de-Decazeville. Con todo, dous temas da iconografía cristiá son recorrentes na súa obra: o da Piedade e o de San Sebastián. É destacable tamén un cadro relixioso bastante tardío, A flor mística (cara a 1890), de carácter alegórico, no que a flor da Igrexa se alimenta do sangue dos mártires.
Pode considerarse precursor do Simbolismo. A súa influencia é decisiva en artistas emblemáticos do movemento como Odilon Redon. A súa obra posúe unha textura onírica que fixo que fose revalorizada, xa no século XX, polos surrealistas. No 1912, André Breton emocionouse ao visitar o museo de Gustave Moreau.
Aínda que Moreau rexeitou sempre ser un pintor literario, debe destacarse o impacto que a súa obra causou entre literatos tan relevantes como Théophile Gautier ou J. K. Huysmans, entre moitos outros, atraídos pola súa estética simbolista e decadente. O protagonista de À rebours, de J. K. Huysmans, Des Esseintes, que é o personaxe principal, encarna o decadentismo, está fascinado pola arte de Moreau, e especialmente polo cadro A aparición.
Museo
editarGustave Moreau tiña casa con taller no número 14 na rúa La Rochefoucault en París, ao morrer legouno á cidade de París. O 13 de xaneiro 1903 abriouse ao público o Museo coas obras que deixou, case 850 pinturas, 350 acuarelas e máis de 13000 debuxos. Polo tanto, moitas máis obras andan en coleccións privadas. En 1912, André Breton visitou este museo.
Galería de imaxes
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Gustave Moreau |
Bibliografía
editar- Fernández Polanco, Aurora: Fin de Siglo: Simbolismo y Art Nouveau ("Historia del Arte", nº 42, Historia 16, 1989).
- Hamilton, George Heard: Pintura y escultura en Europa 1880-1940. Editorial Cátedra, 1993. Páxinas 79-82. ISBN 84-376-0230-0
- Hofstätter, Hans H.: Gustave Moreau. Editorial Labor, 1980. ISBN 84-335-7563-5 (título original: Gustave Moreau, Leben und Werk).