Odilon Redon
Bertrand-Jean Redon, coñecido como Odilon Redon, nado en Bordeos o 20 de abril de 1840 e finado en París o 6 de xullo de 1916, foi un pintor e artista gráfico francés, considerado o máis importante dos pintores do Simbolismo, por ser o único que soubo crear unha linguaxe plástica particular e orixinal.
Odilon Redon | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Bertrand Redon |
Nacemento | 20 de abril de 1840 |
Bordeos | |
Falecemento | 6 de xullo de 1916 |
París | |
Soterrado | Bièvres |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | pintor, ilustrador, gravador, escultor e litógrafo |
Cónxuxe | Camille Redon |
Fillos | Arï Redon |
Irmáns | Gaston Redon e Ernest Redon |
Coñecido/a por | The Birth of Venus, Les Yeux clos e The Cyclops |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi un colorista moi destacado. A súa arte explora os meandros do pensamento, o aspecto sombrío e esotérico da alma humana, impregnado de mecanismos do soño.
Redon foi un dos membros máis destacados do movemento simbolista, cuxas bases teóricas foron definidas polos manifestos do poeta Stéphane Mallarmé e pola estética romántica. Diferentemente da obra dos seus compañeiros, a súa chegou aos límites da suxestión e da abstracción, e pódese dicir que, tanto formal canto conceptualmente, chegou, de modo visionário, preto da futura vangarda surrealista.
Publicou en vida unha interesante autobiografía onde son evocadas as súas relacións co medio artístico e as ambicións artísticas e espirituais da súa época.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Odilon Redon |