Abrir o menú principal

Os doce traballos de Hércules

Antonio Pollaiuolo: Hércules e a Hidra, 1475. Galleria degli Uffizi, Florencia.

Heracles (máis coñecido polo seu nome romano Hércules) é o nome dun heroe mitolóxico grego. O seu pai era Zeus quen, abraiado pola beleza de Alcmena, a muller de Anfitrión de Tebas, adquiriu a forma do seu esposo para enganala. Froito desa relación naceu Heracles.

A súa forza física sería a a súa característica física máis prezada, demostrada xa desde pequeno ao afogar dúas serpes no berce. Cando acadou a idade adulta matou ao León de Citerón e vestiuse coas súas peles.

Venceu aos minios que gravaban aos tebanos cun pesado tributo, o que lle asegurou a simpatía dos seus veciños, quen lle ofreceron como recompensa a princesa Méxera coa que casou. Cando a princesa lle deu tres fillos, Hera, a esposa de Zeus que non esquecía ningunha ofensa, volveuno tolo temporalmente. Heracles, entón, matou a súa muller e fillos coas súas propias mans. Coa dor por estes asasinatos acudiu ao seu primo Euristeo quen lle encargou os doce traballos como penitencia.

Os doce traballos de HérculesEditar

Estes doce traballos eran teoricamente fazañas imposibles de realizar e nas que tamén se buscaba que o esforzado heroe encontrara a morte. Porén, vemos como foi capaz de executalas todas:

  1. Matou o león de Nemea, cuxa pel pasou a ser parte da indumentaria do heroe.
  2. Acabou coa Hidra de Lerna, monstro de múltiples cabezas que continuamente se rexeneraban.
  3. Capturou ao porco bravo de Erimanto.
  4. Capturou a cerva de Cerinea, traballo que o levou até o afastado país dos Hiperbóreos.
  5. Acabou coas aves do lago Estinfalo, cuxas plumas eran frechas de bronce.
  6. Limpou as cortes do rei Auxias.
  7. Cazou o touro salvaxe de Creta.
  8. Domou as eguas de Diomedes, perigosas eguas antropófagas.
  9. Conseguiu o cinto da amazona Hipólita.
  10. Matou a Xerión e arrebatoulle o gando.
  11. Colleitou as mazás das Hespérides.
  12. Atou o can Cérbero nos dominios subterráneos do inferno para liberar a Teseo.