Oronzio Gabriele Costa

zoólogo italiano

Oronzio Gabriele Costa, nado en Alessano, Lecce, Puglia, Reino de Nápoles, e finado o 26 de agosto de 1787 en Nápoles,[1] foi un médico e zoólogo italiano, especializado en entomoloxía.

Oronzio Gabriele Costa
Nacemento26 de agosto de 1787
Lugar de nacementoAlessano, Puglia, Reino de Nápoles
Falecemento7 de novembro de 1867
Lugar de falecementoNápoles, Reino de Italia
Nacionalidadenapolitana e, desde 1861, italiana
Alma máterUniversidade de Nápoles
Ocupaciónmédico, zoólogo, caterdrático de Universidade
PaiDomenico Costa
NaiVita Manera
FillosAchille, Giussepe
Linguaitaliano
EstudosMedicina
OrganizaciónUniversidade de Nápoles
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Domenico Costa e Vita Manera, trasladouse á cidade de Nápoles en 1808 para estudar Medicina na súa Universidade. Tras a súa graduación volveu a Lecce, exercendo a súa profesión no estudo de Pasquale Manni, que o introduciu na botánica e na historia natural.[1]

Tras sufrir persecución política pola súa adhesión ao goberno constitucional de 1820-21 regresou a Nápoles onde ocupou a cátedra de Zooloxía na Universidade. En 1849, de novo debido ás súas ideas políticas liberais, foi apartado do posto que lle foi devolto só despois da unificación de Italia, en 1861.[1]

Foi o fundador do Giornale meteorologico economico (anos 20 do século XIX), e da Accademia Degli Aspiranti Naturalisti (1841).

Escribiu 126 artigos sobre diversos temas, principalmente de entomoloxía, e en 1846 exerceu como presidente da Accademia Pontaniana en Nápoles.

Os seus dous fillos, Achille Costa e Giuseppe Costa, foron os dous coñecidos zoólogos. O primeiro deles sucedeuno como catedrático de Zooloxía na Universidade de Nápoles.

Algunhas publicacións editar

Existeu gran confusión polos detalles da publicación do seu traballo máis importante, a Fauna del Regno di Napoli (título completo: Fauna del Regno di Napoli, ossia, enumerazione di tutti gli animali che abitano le diversas rexións deste rexime e le acque che le bagnano), publicado postumamente, escrito en colaboración co seu fillo, Achille.[1][2][3][4] Taeger e Blank afirman que nalgúns dos traballos, Oronzio era só o editor, sendo Achille o autor real, cuxo nome aparece na páxina de título.[5]

  • Fauna Vesuviana (1827).
  • Fauna di Aspromonte (1828).
  • Fauna del Regno di Napoli 1829 – 1886 (continuada despois da súa morte polo seu fillo Achille Costa).

Algúns taxons descritos por Costa editar

Taxons denominados na súa honra editar

Abreviaturas editar

As abreviuaturas Costa e O. G. Costa empréganse para recoñecer a Oronzio Gabriele Costa como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar