Abrir o menú principal

Ordinariato para os fieis de rito oriental

Un ordinariato para os fieis de rito oriental é un tipo de circunscrición eclesiástica da Igrexa Católica Latina da que dependen as comunidades de católicos orientais en aqueles lugares onde non hai estabelecida ningunha circunscrición eclesiástica (diocese) da súa igrexa particular. Esta estrutura foi introducida polo papa Pío X, na carta apostólica Officium supremi Apostolatus do 15 de xullo de 1912.[1]

No Annuario Pontificio os oito ordinariatos que existen hoxe lístanse xunto aos quince exarcados apostólicos. Destes oito, catro son para todos os católicos orientais que carecen de xurisdición diocesana propia nun determinado país, outro é para católicos bizantinos, e os outros tres para católicos armenios.

Ordinariatos actuaisEditar

Ordinariato Área xeográdica Xurisdición Ordinario Data de creación
Ordinariato para os católicos orientais na Arxentina Arxentina Católicos orientais Arcebispo de Buenos Aires 19 de febreiro de 1959
Ordinariato para os católicos bizantinos en Austria Austria Católicos bizantinos Arcebispo de Viena 3 de outubro de 1945
Ordinariato para os católicos orientais no Brasil Brasil Católicos orientais Arcebispo de Río de Xaneiro 14 de novembro de 1951
Ordinariato para os católicos orientais en España España Católicos orientais Arcebispo de Madrid 9 de xuño de 2016
Ordinariato para os católicos armenios en Europa Oriental Europa Oriental Católicos armenios Bispo armenio dunha sé titular 13 de xullo de 1991
Ordinariato para os católicos orientais en Francia Francia Católicos orientais Arcebispo de París 16 de xuño de 1954
Ordinariato para os católicos armenios en Grecia Grecia Católicos armenios Administrador apostólico 21 de decembro de 1925
Ordinariato para os católicos orientais en Polonia Polonia Católicos orientais Arcebispo de Varsovia 16 de xaneiro de 1991
Ordinariato para os católicos armenios en Romanía Romanía Católicos armenios Administrador apostólico 5 de xuño de 1930

Antigos ordinariatosEditar

NotasEditar

  1. "Litterae Apostolicae Committitur episcopo ritus rutheni adsistentia spiritualis ruthenorum in Canadensi regione commorantium". Acta Apostolicae Sedis (PDF) (en latín) 4. 1912. pp. 555–556.