Oliver Reed

Robert Oliver Reed, nado en Wimbledon (Londres) o 13 de febreiro de 1938 e finado na Valeta (Malta) o 2 de maio de 1999, foi un actor de cinema británico, notable pola súa presenza corpulenta e a súa autoritaria personalidade cinematográfica.

Oliver Reed
Oliver Reed 1968.jpg
Nacemento13 de febreiro de 1938
Lugar de nacementoWimbledon
Falecemento2 de maio de 1999
Lugar de falecementoA Valeta
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeReino Unido
Alma máterEwell Castle School
Ocupaciónactor de cinema e actor de televisión
PaiPeter Reed
Nai[Beryl] Marcia Andrews
CónxuxeJosephine Burge e Kate Byrne
FillosSarah Reed e Mark Reed
IrmánsDavid Anthony Reed e [Peter] Simon Reed
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Nacido en Wimbledon, Londres, fillo do xornalista deportivo Peter Reed e de Marcia Napier-Andrews.[1] Era o sobriño do director de cinema Carol Reed e neto do actor e director de teatro Herbert Beerbohm Tree e da súa amante Beatrice May Pinney (que posteriormente tomou o apelido Reed).[2] Era disléxico e foi expulsado de varios colexios privados.[3] Participou no día dos deportes do Ewell Castle School, onde gañou varios trofeos. Despois foi de festa coas copas nunha bolsa. Cando ao amencer do día seguinte volvía da festa a casa, foi detido pola policía por suposto roubo de trofeos. O seu pai tivo que viaxar para explicar que el era un bo deportista.

Traxectoria como actorEditar

Comezou no mundo da interpretación como extra en varios filmes dos anos cincuenta, e nunca antes estudara en ningunha academia de arte dramática nin tiña tampouco experiencia no teatro. Era un grande admirador de Errol Flynn. Os seus primeiros papeis destacados foron en películas de Hammer Productions, como The League of Gentlemen, The Two Faces of Dr. Jekyll (ambas de 1960), The Curse of the Werewolf (1961), Paranoiac e The Damned (ambas de 1963). A súa primeira colaboración co director Ken Russell foi en 1965 interpretando a Claude Debussy.[4][5] Despois chegou o seu famoso papel no filme Mulleres namoradas (1969), en que sae loitando espido con Alan Bates.[6]

En 1971 participou no controvertido filme The Devils e, catro anos despois, no musical Tommy, baseado no disco de The Who, Tommy. Neste último filme tamén participou o cantante da banda británica Roger Daltrey. Entre o período de películas con Ken Russell, interpretou a Bill Sikes (un dos protagonistas da novela de Charles Dickens, Oliver Twist), no filme musical do seu tío Carol Reed, Oliver!. Co director Michael Winner realizou The System (1964) e Hannibal Brooks (1969).[7]

Interpretou a Athos na triloxía sobre a novela de Alexandre Dumas, Os tres mosqueteiros, nos filmes The Three Musketeers (1973), The Four Musketeers (1974) e The Return of the Musketeers (1989). En 1974, fixo o papel de Philip Lombard no filme And Then There Were None, baseada no libro de Agatha Christie.

En 1977 participou en The Prince and the Pauper como Miles Hendon, acompañado de Raquel Welch, e dous anos despois volveu ao horror en The Brood, no papel do Dr. Hal Raglan. O ano seguinte, participou nun pequeno pero vital papel, en The Big Sleep, só porque quería aparecer á beira de Robert Mitchum, a quen admiraba.

Nos anos 80 a carreira de Reed baixou, aínda que fixo papeis notables como o do xeneral Rodolfo Graziani, no filme sobre a invasión italiana de Libia Lion of the Desert (1981), xunto con Anthony Quinn, e a tamén histórica Clash of Loyalties, sobre a revolución en Iraq contra os británicos en 1920, onde interperou un xeneral británico. En 1987, tivo un papel menor no filme baseado nos libros de Sven Hassel The Misfits Brigade, chamado nalgúns países Wheels of Terror. Algúns dos seus últimos mellores papeis foron nos filmes As aventuras do barón Munchausen (1988), onde representou o deus Vulcano; Treasure Island, onde foi o capitán Billy Bones, e Funny Bones (1995). A súa última personaxe foi Próximo, en Gladiator (2000), durante a rodaxe do cal faleceu. O filme foi estreado trala súa morte con escenas filmadas cun dobre,[8] mesturadas con efectos dixitais.[9] O filme foille dedicado.[10]

Cando o goberno do Reino Unido subiu os impostos de ganancias persoais, Reed inicialmente declinou exiliarse a Hollywood ou a outros países con impostos menos severos. Durante ese tempo declarouse "Mr. England" e rexeitou grandes papeis en filmes como O golpe (1973) e Tiburón (1975). Con todo, no obituario de The Daily Telegraph dicía que a finais dos anos 70 finalmente levara os seus cartos ás Illas da Canle, onde obtiña maiores beneficios fiscais.

Puido interpretar o papel de James Bond. En 1969, os produtores Albert R. Broccoli e Harry Saltzman buscaban substituto para Sean Connery e Reed (que acababa de interpretar un asasino en The Assassination Bureau) foi mencionado como posibilidade, con Timothy Dalton e Roger Moore.[11] Non se sabe por que razón, mais Reed nunca interpetou a Bond.

MorteEditar

Oliver Reed morreu repentinamente dun ataque ao corazón o 2 de maio de 1999 na Valeta, Malta, durante un descanso da rodaxe de Gladiator.[12]

Reed non bebera dende que comezara a rodaxe, e faleceu nun bar irlandés tras aceptar unha competición de bebidas.[13] Chegou a beber tres botellas de ron xamaicano, oito botellas de cervexa alemá, numerosos whiskys dobres[14] e retar a botar pulsos[15] a cinco mozos mariños ingleses da Royal Navy no bar The Pub, que tras o incidente cambiou o nome a Ollie's Last Pub. A súa conta, que non chegou a ser pagada, está conservada nun marco decorativo no bar.[16]

O seu funeral tivo lugar en Buttevant, Condado de Cork (Irlanda).[17] Nel interpretouse a canción Consider yourself, do musical Oliver!.

Vida persoalEditar

En 1959 casou con Kate Byrne,[18] e tiveron un fillo, Mark, antes do seu divorcio en 1969. Mentres rodaba Oliver! coñeceu a bailarina clásica Jacquie Daryl, que tamén traballaba no filme.[19] Fixéronse amantes e tiveron unha filla, Sarah. En 1985, casou con Josephine Burge, con quen permaneceu ata a súa morte. Coñecéronse en 1980, cando ela tiña 16 anos e el 42.[20] Nos seus últimos ano, Reed e Burge viviron en Churchtown, Condado de Cork, Irlanda.

Un dos seus grandes amigos foi Keith Moon, batería de The Who.[21]

AlcoholismoEditar

Oliver Reed foi famoso polo seu alcoholismo,[22] que adoptou da actitude "social" de moitos equipos de rugby dos 60 e 70. Eran numerosas as anécdotas de Reed e dos seus amigos, como que beberan ata o amencer 36 xerras de cervexa, 32 botellas de whisky escocés, 17 botellas de xenebra, catro caixas de viño e unha botella de Babycham. Tamén un ou dous días antes de casar con Josephine Burge bebeu 106 pintas de cervexa. Steve McQueen contou que en 1973 viaxara ao Reino Unido para falar con Reed sobre un proxecto para un filme e que este o convidou a saír polos pubs de Londres; a esmorga acabou cando Reed vomitou enriba de McQueen.[23]

Reed apareceu en varias ocasións na televisión en estado de embriaguez, como a ocasión en que foi forzado a abandonar o programa de Channel 4, After Dark, por acudir bébedo e por tentar bicar a feminista Kate Millet.[24] Noutra ocasión baixou os pantalóns durante unha entrevista.

Nos seus últimos anos, era visto con frecuencia bebendo xunto coa súa esposa Josephine, no bar White Horse Hotel, en High Street en Dorking, Surrey.[25][26] Tivera que vender a súa gran casa, "Broome Hall", localizada entre as vilas de Coldharbour e Ockley, algúns anos antes.

NotasEditar

  1. Reed, Oliver (1979). Reed All About Me: The Autobiography of Oliver Reed. W. H. Allen & Co. p. 7. OCLC 6249650. 
  2. “Mummer and daddy”. The Spectator. Consultado o 10 de agosto de 2020
  3. King, Norman (3 de maio de 1999). "Oliver Reed obituary". The Guardian (Guardian News & Media Limited). Consultado o 2 de abril de 2019. 
  4. "The Debussy Film" (en inglés). Estados Unidos: IMDb. Consultado o 6 de outubro de 2013. 
  5. Oliver Burns--at the Stake and at Film Critics. Kramer, Carol. Chicago Tribune 22 de agosto de 1971: e3.
  6. Child, Ben (30 de setembro de 2011). "How Women in Love's nude wrestling scene romped past the 1960s censors". The Guardian (Guardian News & Media Limited). Consultado o 3 de abril de 2019. 
  7. Vincent, Alice (21 de xaneiro de 2013). "Michael Winner: His best films". Telegraph (Telegraph Media Group Limited). Consultado o 2 de abril de 2019. 
  8. Hassan, Genevieve (10 de abril de 2017). "Missing in action: The films affected by actors' deaths". BBC News (BBC). Consultado o 7 de xuño de 2018. 
  9. Patterson, John (27 de marzo de 2015). "CGI Friday: a brief history of computer-generated actors". The Guardian (Guardian News and Media Limited). Consultado o 7 de xuño de 2018. 
  10. Richards, Jeffrey (1 de xullo de 2008). Hollywood's Ancient Worlds. A&C Black. p. 177. ISBN 9780826435385. 
  11. Alikhan, Anvar (28 de maio de 2017). "Was Roger Moore the best James Bond ever? Or the worst?". Scroll.in. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  12. "Oliver Reed, Diverse Actor For Film and TV, Dies at 61". The New York Times. 3 de maio de 1999. 
  13. Djalili, Omid (24 de xaneiro de 2016). "The day Oliver Reed grabbed me by the balls". The Observer. 
  14. Adam (5 de maio de 2014). "Oliver Reed's last drink in Malta". Air Malta. Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  15. Blackstock, Colin (3 de maio de 1999). "Oliver Reed dies after last drink". The Guardian (Guardian News and Media Limited). Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  16. Moss, Derek. "Dark Tour of Valletta". Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  17. Oliver, Ted (16 de maio de 1999). "Ten-day farewell to king of hellraisers". The Guardian (Guardian News and Media Limited). Consultado o 15 de agosto de 2018. 
  18. Edgar, Kathleen J.; Kondek, Joshua (1998). Contemporary Theatre, Film and Television 20. GALE Group. p. 346. ISBN 9780787620585. 
  19. Sellers, Robert (19 de febreiro de 2009). Hellraisers: The Life and Inebriated Times of Burton, Harris, O'Toole and Reed. Random House. p. 149. ISBN 9781409050100. 
  20. Jane, Warren. "Shy schoolgirl who stole the heart of Oliver Reed". Express. Consultado o 7 de xuño de 2018. 
  21. "'Moon the Loon' tops poll as rock's most excessive rogue". The Independent. 15 de xullo de 2015. 
  22. Prone, Terry (20 de xullo de 2013). "In good spirits: why actor Oliver Reed was always drunk but never bored". Irish Examiner. Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  23. Cliff Goodwin (2011). "Evil Spirits: The Life of Oliver Reed". p. 141. Random House
  24. "Blurring the story". Independent.ie. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  25. "“Oliver Reed 1938 - 1999”". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2007. Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  26. "OliverReed.net". OliverReed.net. 9 de maio de 1999. Consultado o 30 de marzo de 2015. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar