Abrir o menú principal

Raquel Welch

Actriz estadounidense

Jo Raquel Tejada, nada en Chicago (Illinois) o 5 de setembro de 1940 é unha actriz estadounidense, sex symbol na década de 1960.

Raquel Welch
RaquelWelchApr2010.jpg
Welch en 2010
Nome completoJo Raquel Tejada
Nacemento5 de setembro de 1940 (79 anos)
LugarChicago, Illinois
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
EtniaPobo inglés
Educada enUniversidade Estadual de San Diego
Cónxuxe(s)James Welch (1959–1964)
Patrick Curtis (1967–1972)
André Weinfeld (1980–1990)
Richard Palmer (1999-2008)
FillosTahnee Welch
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Chicago, filla do enxeñeiro aeronáutico boliviano Armando Carlos Tejada Urquizo (1911–1976) e de Josephine Sarah Hall (1909–2000), filla do arquitecto Emery Stanford Hall. Estudou ballet desde os sete aos dezasete anos, pero deixouno porque o seu mestre dixo que non tiña o corpo axeitado.[1] Tras mudarse coa súa familia a California gañou un concurso de beleza con catorce anos e no instituto gañou tamén o título de Miss Fairest of the Fair na Feira do Condado de San Diego.[2] Graduouse en 1958 e o ano seguinte, tras quedar embarazada, casou co seu mozo James Welch.

Buscando unha carreira como actriz estudou arte dramática e conseguiu papeis en producións teatrais locais. Tamén informou do tempo na canle de televisión de San Diego KFMB-TV. Tras separarse do seu marido marchou a Dallas, Texas, onde traballou de modelo e camareira.

En 1963 volveu aos Ánxeles e coñeceu o produtor e axente Patrick Curtis, co que desenvolveu a idea de convertela en sex symbol. Para evitar a imaxe de latina, decidiron empregar o seu apelido de casada.

Participou en pequenos papeis en series de televisión antes de debutar no cinema e ser contratada para o papel protagonista de Fantastic Voyage, filme de ciencia ficción que a converteu nunha estrela. Ese mesmo ano foi enviada ao Reino Unido polo Fox Studio para protagonizar One Million Years B.C., na que só levaba posto un bikini feito de pel de cervo. Unha foto publicitaria deste filme converteuse no póster máis vendido e deulle esa imaxe de pin-up girl.

Durante as décadas seguintes seguiu aparecendo en filmes e especialmente na televisión.

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. Avery, Susan (10 de xullo de 2010). ParentDish.com, ed. "Raquel Welch, Reluctant Sex Symbol, Talks About Making Amends With Her Kids". 
  2. Diane, Welch (19 de marzo de 2006). San Diego Union Tribune, ed. "The way we were - 'Fairest of the Fair' part of Del Mar's history". 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar