Okean O foi un satélite artificial das axencias rusas e ucraína NKAU e RKA lanzado o 17 de xullo de 1999 mediante un foguete Zenit 2 desde o cosmódromo de Baikonur para estudar a superfie terrestre e os océanos.[1][2][3]

Okean O
TipoObservación terrestre
FabricanteKB Yuzhnoye
OrganizaciónNKAU, RKA
Destino actualRetirado.[1][2][3]
Data de lanzamento17 de xullo de 1999, 6:38 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorZenit 2[1][3]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur, rampla 45[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo da superficie terrestre e oceánica.[1][2]
NSSDC ID1999-039A
Masa6360 kg[1]
DimensiónsDiámetro de 1,9 m e lonxitude de 6,6 m[3]
Datos orbitais
Semieixo maior7017 km[4]
Inclinación98,2º[4]
Apoapse648,2 km[4]
Periapse645,6 km[4]

Características editar

Okean O foi unha misión conxunta entre Rusia e Ucraína continuación da serie de satélites Okean O1 para o estudo dos océanos e a superficie terrestre. Entre os seus obxectivos estaban a monitorización das condicións do solo e da flora, o estudo da atmosfera e os océanos, o estudo das superficies cubertas de xeo, o estudo das estruturas físicas e xeolóxicas e facer estudos meteorolóxicos.[1][2][3]

O satélite tiña un diámetro de 1,9 m e unha lonxitude de 6,6 m e usaba un bus derivado do Tselina-2. Tiña unha masa de 6360 kg e usaba un panel solar que proporcionaba ata 3,5 kW de potencia eléctrica. Levaba a bordo tres cámaras multiespectrais de diferentes resolucións, un radar de exploración lateral cunha resolución de 1,5 km, un radiómetro e un sistema de recolección de datos.[1][2][3]

O satélite fallou en outono de 2000 por problemas co control de actitude, funcionando só un terzo da súa vida prevista de tres anos.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 NASA (14 de maio de 2020). "Okean-O" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2020). "Okean-O" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Okean-O" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "OKEAN O" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  5. Claude Lafleur (2020). "Okean-O 1" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  6. "Note verbale dated 10 December 1999 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-91109 (E)). 17 de decembro de 1999: 2. Consultado o 19 de novembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar