Okean E
Okean E foi unha serie de dous satélites artificiais soviéticos lanzados en 1979 e 1980.[1][2]
Características editar
Os satélites Okean E foron satélites experimentais para monitorizar a superficie oceánica. Eran prototipos dos satélites Okean O1. Estaban baseados no bus Tselina-D e levaban a bordo un radiómetro, un polarímetro para radiación na lonxitude de onda de 3,2 cm, un espectrómetro infravermello e unha cámara multiespectral cunha resolución de 1,8 km.[1][2]
Okean E-1 foi tamén denominado Kosmos 1076 e foi lanzado o 12 de febreiro de 1979, mentres que Okean E-2 (Kosmos 1151) foi enviado ao espazo o 23 de xaneiro de 1980. Ambos satélites foron lanzados mediante foguetes Tsiklon-3 e foron seguidos polos dous satélites tamén experimentais Okean OE.[1][2]
Historial de lanzamentos editar
Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Okean E-1 | 12 de febreiro de 1979 | Tsiklon-3 | Éxito |
Okean E-2 | 23 de xaneiro de 1980 | Tsiklon-3 | Éxito |