Odilo Bravo

futbolista e adestrador galego
(Redirección desde «Odilio Bravo»)

Odilio Bravo González, nado no Carballiño o 1 de setembro de 1916 e finado en Málaga o 16 de febreiro de 2004, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego.[1]

Odilo Bravo
Información persoal
Nacemento 1 de setembro de 1916
Lugar de nacemento O Carballiño
Falecemento 16 de febreiro de 2004
Lugar de falecemento Málaga
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Aínda que naceu no Carballiño, viviu en Vigo dende pequeno. Na cidade viguesa comezou xogando ao fútbol no Peña Colón e no Rápido de Bouzas, e máis tarde xogou en equipos cataláns como o Vilafranca ou o Gràcia.[2] Colgou as botas no ano 1951 e ese mesmo ano realizou o curso de adestradores na escola de preparadores de Barcelona. Na cidade condal adestrou ao Universitario de Barcelona, o equipo da Universidade de Barcelona. Regresou a Vigo a mediados de xullo de 1952, debutando como adestrador do Celta de Vigo na pretempada por América de 1952.

Porén, dimitiu despois de 20 xornadas a causa dos malos resultados. Foi substituído por Armando, que á súa vez foino por Luis Urquiri, salvándose o equipo do descenso na liga de descenso grazas á renuncia do España Industrial a ascender a Primeira División.

Notas editar

  1. Berto V. T. (6 de novembro de 2013). "Odilo Bravo". Yo entrené al Celta (en castelán). 
  2. "Odilo Bravo se siente optimista". El Pueblo Gallego (en castelán) (9550). 15 de xullo de 1952. p. 4. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar