Armando Márquez Ligorri
Armando Márquez Ligorri, nado en Vigo en 1908, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego, que xogaba na demarcación de defensa.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1908 (115/116 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComo futbolista xogou na máxima categoría no Celta de Vigo na primeira tempada deste en Primeira División Española a 1939-40, disputando 4 encontros e finalizando o contrato ao rematar a mesma.
Seguiu vinculado ao club como masaxista, preparador físico, e segundo adestrador. Como técnico adestrou ao Celta de Vigo en Primeira División en dúas etapas.
En decembro de 1945 asumiu o posto de adestrador ao deixar o cargo Platko por enfermidade trala xornada 11, até a chegada ao equipo de Ricardo Zamora, do que foi axudante. Na tempada 1947-48 acadaron o 4º posto e o subcampionato da Copa de España. Xa na tempada 1952-53 supliu o ourensán Odilo Bravo logo de caer na 20ª xornada fronte ao Deportivo da Coruña no Estadio de Riazor. Porén, Armando Márquez foi substituído trala xornada 30 por José Iraragorri.