Balsa (árbore)

especie de planta
(Redirección desde «Ochroma»)

A balsa[1] (Ochroma pyramidale) é a única especie do xénero monotípico Ochroma, pertencente á familia Malvaceae. É nativa de México, toda América do Sur e o Caribe.[2] É apreciada pola súa madeira, denominada tamén de balsa[3].

Ilustración

Balsa (embarcación)|Balsas]] construídas coa súa madeira]]

Etimoloxía

editar

A palabra balsa entra no galego (ao igual que nas outras linguas achegadas: portugués, inglés, francés...) a través do castelán de América, co que se designan as embarcacións feitas desta madeira: balsas. A palabra non pode ser de orixe americana pois xa se nomea en textos casteláns medievais, polo que a árbore tomaría o nome da palabra castelá balsa: con significado de corgo ou poza, represa natural ou artificial onde se recollen as augas destinadas á rega[4][5].

Descrición

editar

Son árbores que poden acadar até 30 m de altura, sempreverdes, aínda que poden comportarse como caducifolios se a estación seca é moi longa. Posúen toros lisos de madeira moi lene. As follas son simples, amplamente ovadas, frecuentemente 3-sublobadas, até 38 cm de longo e 30 cm de largo, ápice de arredondado a agudo, base máis ou menos cordada, con vilosidade mesta de cor café-amarelada no envés. Grandes flores (7–11 cm de longo) abrancazadas ou de cor crema en forma de trompeta. O cáliz é infundibuliforme-campanulado, pentalobulado de 5,5–7 cm de longo, máis ou menos puberulento; a parte exposta dos pétalos mide 3,8–4,8 cm de longo, velutina; con filamentos numerosos formando unha columna estaminal pentalobulada no ápice; estilo espiralmente 5-sulcado. O froito é unha cápsula irregularmente angulada con cristas e sucos de 13–20 cm de longo, as valvas son coriáceas con sementes miúdas, numerosas e envoltas en kapok.[6] É de cor verde cando inmaturo pasando ao negro e dehiscentes ao madurecer.

Distribución e hábitat

editar

Especie común, atópase en forestas baixas perennifolias de crecemento secundario, ocasional en bosques secos e húmidos, zonas pacífica e atlántica; a unha altitude de 30–400 metros; florea de novembro a febreiro, frutifica de febreiro a maio; dende México a Bolivia e nas Antillas.

A partir da súa madeira téñense elaborado salvavidas e esquís acuáticos.[7] Esta madeira chamada tamén de balsa, é moi liviá e mol cun gran aberto de mediano a groso. A súa densidade flutúa entre os 100 a 200 kg/m³, cunha típica de 140 kg/m³ (arredor de 1/3 da densidade doutras madeiras máis duras). Isto faina un material popular para modelismo e popularizouse cando Thor Heyerdahl usouna na construción da balsa Kon-tiki na súa expedición á Polinesia que partiu dende o Callao, no Perú:

  • ...os liviáns toros de balsa foron vitais para as comunidades ribeirás, mostra diso é o uso de plataformas flotantes, que a xeito de “lavadoiros da roupa” ou de “peiraos” están construídos na súa madeira. En vilas ribeirás coma Leticia, Iquitos, Manaos (río Amazonas), sobre grandes troncos de balsa, constrúense núcleos de viviendas flotantes, as cales inclúen até currais para animais domésticos...que nas vivendas da costa Pacífica colombiana, prepárase e tómase a decocción das follas para aliviar dores da cabeza e arrefriados.

A súa madeira acabada de cortar era materia prima para construír balsas de navegación, boias para redes e para anzois de pesca. O karok úsase para reencher traveseiros e coxíns. A casca viva é unha boa fibra de amarre para construción e para asegurar paquetes. Actualmente a súa madeira ten un amplo uso en arquitectura e aeronáutica.[8]

Taxonomía

editar

Ochroma pyramidale foi descrita por Leonid Averyanov e publicada en Repertorium Specierum Novarum Regni Vegetabilis, Beihefte 5: 123. 1920[6]

Sinonimia
  • Bombax angulata Sessé & Moc.
  • Bombax angulatum Sessé & Moç.
  • Bombax pyramidale Cav. ex Lam.
  • Bombax pyramidatum Steud.
  • Ochroma bicolor Rowlee
  • Ochroma bolivianum Rowlee
  • Ochroma concolor Rowlee
  • Ochroma grandiflorum Rowlee
  • Ochroma lagopus Sw.
  • Ochroma limonense Rowlee
  • Ochroma obtusa Rowlee
  • Ochroma peruvianum I.M. Johnst.
  • Ochroma tomentosum Humb. & Bonpl. ex Willd.
  • Ochroma velutina Rowlee[9]

Galería de imaxes

editar
  1. Denominación en galego en Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira, Universidade de Vigo, Groba Bouza, F. (2006)
  2. "USDA/GRIN". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2009. Consultado o 23 de outubro de 2014. 
  3. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=balsa&sinom=0&homonimo= |título=Denominación de árbore e madeira en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=23 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141023145325/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=balsa&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=23 de outubro de 2014 |urlmorta=yes }}
  4. Etimoloxía de balsa no dicionario da RAE.
  5. Dicionario etimolóxico do francés: verba:balsa
  6. 6,0 6,1 "Balsa (árbore)". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 19 de marzo de 2013. 
  7. Luis Acero Duarte, Luis Enrique, 2000
  8. (Acero Duarte, Luis Enrique, 2005)
  9. "Balsa (árbore) en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Acero., L. (2000). Arboles, Gentes y Costumbres. Colombia. 
  • Acero, L. (2005). Platas Útiles de la Cuenca del Orinoco. Colombia. 

Ligazóns externas

editar