Compton Gamma Ray Observatory

Observatorio espacial de raios gamma lanzado pola NASA.
(Redirección desde «Observatorio Compton de Raios Gamma»)

CGRO (acrónimo de Compton Gamma-Ray Observatory) foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 5 de abril de 1991 mediante o transbordador espacial Atlantis na misión STS-37 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

CGRO
Representación artística de CGRO
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento5 de abril de 1991, 14:22 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial Atlantis[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas no rango dos raios gamma.[2][6]
Decaemento4 de xuño de 2000[1]
NSSDC ID1991-027B
Masa16.329,0 kg[2][5][6]
Potencia2000 vatios[2]

Características editar

CGRO era membro da serie de grandes observatorios da NASA, xunto co telescopio espacial Hubble, o Telescopio Espacial Spitzer e o Telescopio Espacial Chandra de raios X. A súa misión era facer observacións do ceo no rango dos raios gamma, entre 0,1 MeV e 30 GeV, onde se producen procesos no que interveñen as reaccións nucleares, a radiación bremsstrahlung, a aniquilación materia-antimateria, a dispersión Compton, a radiación sincrotrón e outros.[2]

A nave estabilizábase nos tres eixos e era capaz de apuntar a un obxectivo determinado durante ata 14 días cunha precisión angular de 0,5 graos e facer observacións cunha precisión temporal de 0,1 milisegundos. Levaba a bordo 1860 kg de hidracina como propelente para manter a órbita.[2]

Tras o fallo de tres dos catro xiroscopios, a NASA decidiu facer reentrar o observatorio o 4 de xuño de 2000 para evitar a perda do control do mesmo en caso do fallo do último xiroscopio.

Instrumentos editar

CGRO levaba a bordo catro instrumentos que se complementaban na cobertura de enerxías:

  • Burst and Transient Source Experiment (BATSE)
  • OSSE (Oriented Scintillation Spectrometer Experiment)
  • COMPEL (Imaging Compton Telescope)
  • EGRET (Energetic Gamma-Ray Experiment Telescope)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "CGRO" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (14 de maio de 2012). "Compton Gamma-Ray Observatory" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2013. 
  3. "Note verbale dated 16 December 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (93-01075): 12. 7 de xaneiro de 1993. Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "GRO / Compton Gamma-ray Observatory" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "CGRO (GRO, Compton)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "GRO" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar