STS-37

misión do transbordador espacial Atlantis

STS-37 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 5 de abril de 1991 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-37
Lanzamento da misión STS-37.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento5 de abril de 1991, 14:22 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión5,98 días[6]
Obxectivo da misiónLanzamento do observatorio espacial CGRO.[3][6]
Regreso11 de abril de 1991[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1991-027A

Características editar

STS-37, con cinco astronautas a bordo (Steven R. Nagel, comandante, Kenneth D. Cameron, piloto, e os especialistas de misión Linda M. Godwin, Jerry L. Ross e Jay Apt), foi lanzada para poñer en órbita o observatorio espacial de raios gamma CGRO. Con 15.620 kg, CGRO foi a carga máis pesada posta en órbita ata entón por ningún transbordador espacial. Durante a liberación do observatorio unha das súas antenas quedou atascada, sendo necesario un paseo espacial para despregala. Se fixeron outros paseos espaciais programados para probar diversas técnicas no espazo.[3][5][6][7]

Entre os experimentos secundarios estaban CETA, APM, SAREX II, PCG, BIMDA, RME III e AMOS.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de abril de 1991.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 37" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 16 December 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-01075). 7 de xaneiro de 1993: 12. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 37" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-37" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-37" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (11 de abril de 2013). "STS-37" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar