O triunfo do ovo
O triunfo do ovo[1] (en inglés: The Triumph of the Egg, tamén coñecido polo título completo O triunfo do ovo. Un libro de impresións sobre a vida americana en relatos e poemas, en inglés: The Triumph of the Egg: A Book of Impressions from American Life in Tales and Poems) é un libro publicado orixinalmente en 1921 escrito polo estadounidense Sherwood Anderson. Foi o terceiro libro de Anderson en ser publicado por B.W. Huebsch e a súa segunda colección de historias despois do éxito de Winesburg, Ohio. O libro contén 15 historias precedidas por fotografías de sete esculturas de barro da muller de Anderson naquel entón, feitas polo escultor Tennessee Mitchell, que foron inspiradas polas personaxes do libro.
O triunfo do ovo | |
---|---|
![]() Cuberta da primeira edición. | |
Título orixinal | The Triumph of the Egg |
Autor/a | Sherwood Anderson |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | ![]() ![]() |
Data de pub. | ![]() ![]() |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 226 |
ISBN | ISBN 978-84-942570-3-2 (gl) |
Tradución | Celia Recarey e Carlos Valdés García |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contidos
editarO volume inclúe as seguintes historias:
- "O mudo" ("The Dumb Man")
- "Quero saber por que ("I Want to Know Why")
- "Sementes" ("Seeds")
- "A outra muller" ("The Other Woman")
- "O ovo" ("The Egg")
- "Lámpadas apagadas" ("Unlighted Lamps")
- "Senilidade" ("Senility")
- "O home do abrigo marrón" ("The Man in the Brown Coat")
- "Irmáns" ("Brothers")
- "A trapela" ("The Door of the Trap")
- "A moza de Nova Inglaterra" ("The New Englander")
- "Guerra" ("War")
- "Maternidade" ("Motherhood")
- "De ningures á nada" ("Out of Nowhere Into Nothing")
- "O home da trompeta" ("The Man with the Trumpet")
Traducións
editar- O triunfo do ovo (2015). Tradución directa ao galego de Celia Recarey e Carlos Valdés. Irmás Cartoné.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 O triunfo do ovo. Traducido por Celia Recarey e Carlos Valdés García (1ª ed.). Santiago de Compostela: Irmás Cartoné. 2015. ISBN 978-84-942570-3-2 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Irmás Cartoné (ed.). "O triunfo do ovo, por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019.