Sherwood Anderson

escritor estadounidense

Sherwood Anderson, nado en Camden (Ohio) o 3 de setembro de 1876 e finado en Colón (Panamá) o 8 de marzo de 1941, foi un escritor estadounidense.

Sherwood Anderson
Nacemento13 de setembro de 1876
Lugar de nacementoCamden
Falecemento8 de marzo de 1941
Lugar de falecementoColón, Panamá
Causaperitonite
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterWittenberg University
Ocupaciónescritor
CónxuxeEleanor Gladys Copenhaver e Tennessee Mitchell Anderson
Coñecido porWinesburg, Ohio
Na rede
IMDB: nm0027445 IBDB: 13708
Bitraga: 4609 Dialnet: 1897747 Musicbrainz: b989bb57-3e62-4e79-93ae-ab51ea96a8ae WikiTree: Anderson-15868 Find a Grave: 29 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Naceu en Camden, Ohio, terceiro fillo de Erwin M. Anderson e Emma S. Anderson. Despois de fallar o negocio de seu pai, a familia cambiou frecuentemente de residencia ata asentar en Clyde, Ohio en 1884. As dificultades financeiras levaron ao seu pai ao alcoholismo, a súa nai morreu en 1895, debido a isto Anderson tivo que se poñer a traballar para axudar á súa familia. Trasladouse a Chicago preto do seu irmán, traballou como obreiro ata que se alistou no exército e partipou na Guerra Hispano-Americana, despois da guerra, traballou con seu irmán nunha editorial en Springfield, Ohio.

En 1900 ingresou na Academia Wittengurg ao tempo que se aseguraba un traballo como copista en Chicago, o que lle deu estabilidade económica e permitiulle en 1904 casar coa filla dunha familia rica de Ohio, tivo tres fillos e trasladouse a vivir a Cleveland e abriu varios negocios, en novembro de 1912 desapareceu durante catro días, o que el describiu como unha fuxida da súa existencia materialista, regresou a Chicago e divorciouse, disposto a cambiar a súa existencia. En 1914 publicou a súa primeira novela, Windy McPherson's Son, aínda que sobre todo coñécese pola súa coleccións de relatos, Winesburg, Ohio. Os seus temas compáranse aos de T.S. Eliot, malia que os seus relatos foron moi populares el sentiu a necesidade de escribir novelas, aínda que tiveron menos éxitos cós seus relatos.

Obras Editar

  • Windy McPherson's Son (1916), novela.
  • Marching Men (1917).
  • American Chants (1918), prosa poética.
  • Winesburg, Ohio (1919), relatos.
  • Poor White (1920).
  • O triunfo do ovo (The Triumph of the Egg) (1921). Tradución de Carlos Valdés e Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné: 2015).
  • Many Marriages (1923).
  • Horses and Men (1923).
  • Dark Laughter (1925), novela.
  • A Story Teller's Story 1924, autobiografía.
  • A Midwest Childhood (1926).
  • Beyond Desire (1932).
  • Death in the Woods (1933).

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar