O inferno

novela de Henri Barbusse

O inferno (en francés: L'Enfer) é unha novela de Henri Barbusse escrita en 1908. No libro, un narrador anónimo axexa ós seus compañeiros de casa a través dunha mira na súa parede. O inferno foi notablemente popular e amplamente discutido en Francia, vendendo máis de cen mil copias só no ano 1917.[1] Colin Wilson prestou moita atención á novela de Barbusse na súa influente obra The Outsider.[2]

O inferno
Título orixinalL'Enfer
Autor/aHenri Barbusse
CubertaCarlos Valdés (versión en galego)
OrixeFrancia
LinguaFrancés
Xénero(s)Novela
EditorialGalicia Irmás Cartoné
Data de pub.Francia 1908
Galicia 2019
FormatoTapas duras
Páxinas288
ISBNISBN 978-84-948421-4-6 (gl)
TraduciónCelia Recarey
editar datos en Wikidata ]

Foi traducida ó galego por Celia Recarey[3] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné en xullo de 2019.

Notas editar

  1. cather.unl.edu (ed.). "Barbusse's L'enfer. A Source for "Coming, Aphrodite!" and "The Novel Démeublé"". Consultado o 18 de xullo de 2019. 
  2. Wilson, Collin, The Outsider: An Enquiry Into the Nature of the Sickness of Mankind in the Mid-Twentieth Century, Londres: Gollancz, 1956
  3. Irmás Cartoné (ed.). "O inferno por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar