O Antroido
O Antroido foi un semanario editado en Betanzos entre 1886 e 1887.
Historia e característicasEditar
Subtitulado Trangallada pra tódol-os xueves de tódal-as semás de tódol-os anos. Amén, apareceu en outubro de 1886. Dirixida por Ángel Vázquez Taboada, entre os seus colaboradores figuraron Bieito Losada, Roque Pesqueira Crespo, Abellón, Bartolo e A.V.T. Editada integramente en galego. Cesou a súa edición non antes do 17 de febreiro de 1887. Foi continuado por A Fuliada.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. p. 264. ISBN 84-7492-489-8.
- Torres Regueiro, Xesús (1984). "A prensa betanceira (I): de "El Censor" a "Por la Patria", 1883-1898" (PDF). Anuario Brigantino 6: 69–84.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 50. ISBN 84-8288-137-X.