OU-320
A OU-320[1][2] (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Piñeira de Arcos (Sandiás) e A Ponte Noalla (San Cibrao das Viñas); atravesa os concellos de Sandiás, Allariz, Taboadela e San Cibrao das Viñas. Ten unha lonxitude de 19,32 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 en Piñeira de Arcos (Sandiás) e finaliza nun cruzamento coa OU-538 na Ponte Noalla (San Cibrao das Viñas).
OU-320 | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Secundaria |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 19,32 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | N-525 Piñeira de Arcos |
Fin | OU-538 A Ponte Noalla |
Concellos que atravesa
|
Percorrido
editarDesde o seu comezo ascende cara ao alto de Allariz. Pasa por Guimarás, Nanín, Allariz, Outeiro de Orraca, Gundiás, Taboadela, O Mesón de Calvos (a carón da estación de Taboadela) e chega á Ponte Noalla. A prolongación cara a Ourense é a OU-105.
No seu percorrido conserva varios fitos quilométricos da N-525.
Varios dos seus tramos son de titularidade municipal, nos núcleos urbanos das vilas de Allariz e Taboadela.[3]
Notas
editar- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "DECRETO 160/2015, do 22 de outubro, polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito da estrada OU-320 Piñeira de Arcos (N-525) - A Ponte Noalla (OU-105) a prol do Concello de Taboadela". Consultado o 10 de novembro de 2015.