Estación de Taboadela

estación de ferrocarril en Taboadela

Coordenadas: 42°15′55″N 7°49′53″O / 42.2654, -7.83148

Taboadela é unha estación de tren de Adif, situada en Veredo, nas proximidades da vila de Taboadela, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Taboadela
Vista da estación
SituaciónTaboadela
Vista da estación.

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 234,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 312 metros de altitude,[1] entre as estacións de Paderne-Cantoña e Ourense-San Francisco. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia editar

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación de Taboadela quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]

A estación editar

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos adornada con dous arcos no seu parte baixa. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

Notas editar

Véxase tamén editar