Mazarico chiador

(Redirección desde «Numenius phaeopus»)
Mazarico chiador

Numenius phaeopus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Numenius
Especie: N. phaeopus
Nome binomial
Numenius phaeopus
(Linnaeus, 1758)

O mazarico chiador[2][3] (Numenius phaeopus) é unha ave limícola da familia das Scolopacidae.

Morfoloxía e hábitos editar

Especie moi similar ó mazarico real, aínda que máis pequeno que este. Ten unha lonxitude de 41 cm e chega a pesar os 500 gramos. O peteiro (6–9 cm) é algo máis curto, con menos curvatura e algo máis groso que o do mazarico real. A súa envergadura oscila entre os 78–88 cm. Na cabeza ten dúas raias de cor marrón que poden ser moi marcadas, dependendo do individuo. Machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas.

Existe a subespecie hudsonicus, propia do Norte de América, caracterizada polo extremo das ás de cor negra.

É unha ave gregaria que a miúdo convive con outras limícolas. O seu hábitat natural son os terreos anegados, a tundra e os areais e zonas rochosas costeiras. Aliméntase de insectos, caracois, crustáceos e, no outono, tamén bagas silvestres.

Reprodución editar

A femia fai o niño no chan e pon catro ovos, que incuba durante 27-28 días. Os polos voan ás 5-6 semanas.

Distribución editar

Durante a época de cría (maio a xullo) localízase en Islandia, Escandinavia, noroeste de Rusia e nos países bálticos. No inverno pódese atopar con frecuencia en toda a costa ibérica (incluída Galicia e excluída a costa do Levante) e a costa de Marrocos.

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "Numenius phaeopus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 16 de xullo de 2012. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Romay Cousido, Cosme Damián; Fontoira García, Antonio; Martínez Sabarís, Emilio; Ramos Martínez, Atocha: "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". Editado polo Concello do Grove, 2009.
  • Svensson, Lars; Mullarney, Killian; Zetterstïons, Dan: Guía de aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran guía de la naturaleza. AVES. Editorial Everest. (en castelán)