Norma Duval

vedete, actriz e presentadora española

Purificación Martín Aguilera, coñecida artisticamente como Norma Duval, nada en Barcelona o 4 de abril de 1956,[1] é unha vedete, actriz e presentadora española.

Infotaula de personaNorma Duval
Biografía
Nacemento(es) Purificación Martín Aguilera Editar o valor em Wikidata
4 de abril de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , presentadora de televisión , vedete , presentadora , bailarina Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0245072 Allocine: 244299 Editar o valor em Wikidata

Carreira artística editar

Inicios editar

Nada en Barcelona, trasladouse a Madrid onde foi elixida Miss Madrid en 1973. O título serviulle para que Valeriu Lazarov, membro do xurado no certame de Miss España, se fixase nela e lle propuxese formar parte da súa compañía de actores para representar diferentes obras de teatro.

Máis tarde debutou en televisión no programa ¡Señoras y señores! (1974),[2] xunto a outras artistas coñecidas no medio como Ángela Carrasco e Marcia Bell.

Revista editar

Os seus desexos de montar unha compañía propia levárona a presentar o espectáculo Norma y su ballet, ademais de acompañar como bailarina a Fernando Esteso nas parodias teatrais Ay Bellotero (1975), Ramona, te quiero (1977) e Ya tenemos risocracia (1978). A finais de 1979 substituíu a Bárbara Rey como vedete principal do Teatro Lido no espectáculo Una noche bárbara, xunto a Quique Camoiras.[3]

Consagrouse finalmente como actriz de revista. En 1980 foi primeira vedete do centenario teatro parisiense Folies Bergère, antano frecuentado por Henri de Toulouse-Lautrec. Foi a segunda española que conseguía ser cabeza de cartel do devandito local, tras a Bela Otero. Norma foi unha das últimas estrelas da revista tradicional, un tipo de espectáculo que durante eses anos estaba en decadencia e que se mantiña fundamentalmente grazas aos turistas que visitaban París.

Xa en España e como empresaria, Norma Duval montou diferentes espectáculos cos que percorreu España e o estranxeiro. En México e en Italia conseguiu grandes éxitos. Avanzada a década de 1980, e coincidindo co declive do destape, deixou o mundo do cine e dedicouse exclusivamente ao teatro e ás súas aparicións en televisión. Obtivo importantes éxitos como a zarzuela La Corte del Faraón, que representou en Valencia en 1993.

Tras uns anos apartada dos escenarios, en outubro de 2000 estreou o musical La mujer del año;[4] non obstante, con posterioridade, decidiu abandonar o musical para dedicarse á interpretación e á publicidade.

Cine editar

A principios dos 80 interveu en varias películas, maiormente de destape que explotaban a súa espectacular beleza. Jesús Yagüe dirixiuna en Préstame a tu mujer xunto a Alfredo Landa e Juan Luis Galiardo. Ás ordes de Germán Lorente protagonizou Tres mujeres de hoy xunto a Robin Ellis (Poldark) e Ana García Obregón. Outros títulos foron a triloxía Victoria de Antoni Ribas, xunto a Helmut Berger e Xabier Elorriaga, e La mujer del juez, película de grande éxito comercial na que traballou con Héctor Alterio.

Televisión editar

Presentou diversos programas de televisión, case todos eles musicais e de entretemento e variedades: Superstar (1984) de Fernando Navarrete, Contigo (1988) con Pedro Rollán e José Manuel Parada, Bellezas al agua (1990) con Paco Cecilio,[5] Desde Palma con amor (1991) con Andoni Ferreño,[6] Los domingos por Norma (1992-1993) en Antena 3 e en solitario, Espejo secreto (1997) novamente xunto a Andoni Ferreño, e diferentes especiais de fin de ano.

Como actriz, protagonizou unha adaptación do relato erótico La Lozana andaluza dentro da serie Las pícaras (1983) e tamén interveu nun episodio da serie de televisión London Street e protagonizou diversas campañas publicitarias.

Vida privada editar

En 1981 mantivo un romance con Jorge García Lago, ao que estivo prometida. Non obstante a familia do mozo, que se opoñía á voda, denunciou a Norma Duval por violación de morada ao instalarse ela no piso do seu noivo. O caso, non obstante, foi sobresido e o noivado rompeu.[7][8] O mozo faleceu poucos meses despois, o 11 de xaneiro de 1982 aos 32 anos como consecuencia dunha miastenia gravis que padecía dende había tempo.[9]

En 1983 inicia unha relación sentimental co ex xogador de baloncesto Marc Ostarcevic, con quen ten tres fillos: Marc Iván (1984), Yelko (1986) e Christian (1994). Ambos os dous casaron o 10 de febreiro de 1992[10] e separáronse en outubro de 2001:[11]

O 20 de outubro de 1993, no programa radiofónico de Luis del Olmo, «Protagonistas», da Cadena Radiofónica Onda Cero, durante o «Debate del Estado de la Nación Española», a vedete acudiu para atacar duramente o xornalista do corazón Jimmy Giménez-Arnau e contrarrestar a ácida crítica que contra ela proferira o citado xornalista. A indignación de Norma foi tal, que lanzou un dos seus zapatos contra Jimmy.[12]

O 29 de setembro de 2004 contraeu matrimonio co empresario español, produtor e distribuidor cinematográfico, José Frade, do que se divorciou en 2009. Durante ese matrimonio Norma Duval desapareceu por completo dos medios de comunicación, e apenas nada transcendía á prensa.

Actualmente, Norma Duval mantén un romance co axente inmobiliario alemán Matthias Kühn, quen se dedica exclusivamente á promoción de mansións de luxo nas Illas Baleares. Amigo íntimo do tenista alemán Boris Becker, Kühn, converteuse nos últimos anos no rei dos terreos de gran calibre en Mallorca.[Cómpre referencia]

A súa irmá Carla, actriz, faleceu o 31 de outubro de 2010 vítima dun cancro de colo de útero aos 46 anos.[13]

Notas editar

  1. "Biografía en hola.com". 
  2. "Norma Duval: datos persoais". Diario ABC. Consultado o 19 de outubro de 2011. 
  3. "O mundo do espectáculo". ABC. 28 de decembro de 1979. Consultado o 19 de outubro de 2011. 
  4. "Norma Duval debutará este sábado no Calderón con La mujer del año". Diario ABC. 20 de outubro de 2000. Consultado o 20 de outubro de 2011. 
  5. "Tele 5 renova a súa programación para o verán". El País. 19 de xuño de 1990. Consultado o 19 de outubro de 2011. 
  6. "Norma Duval chega Desde Palma con amor". ABC. 14 de xullo de 1991. Consultado o 19 de outubro de 2011. 
  7. "Norma Duval de patitas en la calle". ABC. 16 de xuño de 1981. Consultado o 19 de outubro de 2011. 
  8. "Norma Duval". El País. 17 de xullo de 1981. Consultado o 19 de outubro de 2011. 
  9. "Falleció el ex prometido de Norma Duval". El País. 13 de xaneiro de 1982. Consultado o 20 de outubro de 2011. 
  10. "Boda de Norma Duval y Marc Ostarcevic". ABC. 13 de febreiro de 1992. Consultado o 19 de outubro de 2011. 
  11. "Norma Duval se separa de Marco Ostarcevic". Diario ABC. 2 de outubro de 2001. Consultado o 19 de outubro de 2011. 
  12. El Zapatazo de Norma Duval
  13. "Familiares y amigos dan su último adiós a la actriz Carla Duval". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2010. Consultado o 8 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar