Ángela Altagracia Carrasco Rodríguez, nada en Manzanillo o 23 de xaneiro de 1950, é unha cantante dominicana. Carrasco é recoñecida no seu país como unha das poucas artistas femininas de renome internacional e a primeira en internalizarse como cantante.[1]

Ángela Carrasco
Nome completoÁngela Altagracia Carrasco Rodríguez
Data nacemento23 de xaneiro de 1950 (74 anos)
Nado enManzanillo, República Dominicana
OcupaciónCantante, actriz, presentadora
XéneroBalada, balada pop, ranchera, tropical
Instrumento(s)Voz
Selo(s) discográfico(s)EMI
Tempo en activo1957-presente
Na rede
IMDB: nm0140093 Musicbrainz: 69f26306-6750-4908-87b4-56cc1a024856 Songkick: 357164 Discogs: 1132907 Allmusic: mn0000044998 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nada nunha localidade illada da República Dominicana, Carrasco emigrou a España onde logrou transcender como baladista, coa axuda do seu mentor e amigo, o cantante español Camilo Sesto, quen é o autor da maioría das súas cancións. Iniciando a súa carreira a finais da década de 1970, Carrasco alcanzou o seu máximo esplendor durante as décadas 1980 e 1990 con éxitos como "Quererte a ti", "Boca Rosa", "Lo Quiero a Morir", "Quiéreme" ou "Ahora o Nunca", entre outros.

Previo ao seu éxito no canto, Carrasco participou como actriz en 1975 representando a María Magdalena na versión española da ópera-rock Jesucristo Superstar, xunto a Camilo Sesto; ademais de actuar en varias obras musicais e programas televisivos españois.

Nos seus máis de 30 anos de carreira e cunha vintena de discos gravados, Ángela Carrasco chegou a gañar diversos premios musicais no mundo. Ángela Carrasco foi honrada cun Casandra Especial na XXV edición dos Premios Casandra na República Dominicana.

Ángela casou o 28 de febreiro de 1973 en Santo Domingo, República Dominicana, con Ramón Ignacio Socías Báez, economista. A parella ten dous fillos; Elvis Rafael, nado en 1975 e Ciron, nado en 1985.

Discografía editar

Ano de publicación Título
1978 Amigo mío, cuenta conmigo
1979 Quererte a ti
1981 Con amor...
1983 Unidos
1985 La dama del Caribe
1986 La candela
1988 Boca rosa
1989 Ese hombre es...
1992 Piel canela
1995 Una producción de Juan Gabriel
2002 A puro dolor!
2004 Muy personal

Algúns éxitos editar

  • Ahora o nunca
  • Alguien como tú
  • Boca rosa
  • Callados (xunto a Camilo Sesto)
  • Cariño mío
  • Es más que amor
  • Ese hombre es...
  • Lo quiero a morir
  • Mi único amigo
  • No me puedo quejar
  • No, no hay nadie más
  • Quererte a ti
  • Quiéreme
  • Si tú eres mi hombre (cover en castelán da canción "The power of love" de Jennifer Rush)
  • Suspiros

Televisión editar

Premios editar

  • Foi galardoada con varias figuras nos Premios Casandra, e foi recoñecida cun Casandra Especial durante a celebración dos Premios Casandra 2009.
  • Foi galardoada nos premios Billboard e Lo Nuestro, respectivamente.

Notas editar

  1. "Ángela Carrasco siente país no la toma en cuenta". 25-8-2008. Consultado o 20 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar