Nomenclatura trinomial

A nomenclatura trinomial, ou nomenclatuta tronominal (ou nome trinomial) é unha forma estendida da nomenclatura binomial usada en bioloxía para identificar a cada especie de ser vivo coñecida, co fin de referirse especificamente a subdivisións menores dunha especie determinada. As máis frecuentes destas son:

  • A subespecie,[1] en cuxo caso se engade un terceiro nome sempre con minúscula detrás dos que se refiren ao xénero (con maiúscula e en primeiro lugar) e á especie (con minúscula e en segundo lugar). A modo de exemplo, pódese citar ao can, unha subespecie doméstica do lobo (Canis lupus), que recibe o nome trinomial de Canis lupus familiaris.
  • A variedade, usada en botánica, moi pouco definida para considerarse unha subespecie, que se identifica escribindo a continuación do nome da especie ou subespecie a abreviatura "var." seguida do nome da variedade en si.[2] Por exemplo, a acelga é unha variedade de remolacha (Beta vulgaris) e recibe o nome científico de Beta vulgaris var. cicla.
Un can, Canis lupus familiaris, subespecie de Canis lupus.

Menos usadas, aínda que tamén pertencentes á nomenclatura trinomial son a subvariedade ("subvar."), a forma ("forma" ou "f.") e o cultivar ("cv."), cada unha de menor entidade que a anterior.

  1. subespecie no Dicionario da RAG.
  2. varidedad, en Font Quer, P. (1993): Diccionario de botanica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-078-3, pp. 1000-1001.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar