Nigel Williams-Goss

baloncestista estadounidense

Nigel Williams-Goss, nado o 16 de setembro de 1994 en Happy Valley, Oregón, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Real Madrid da Liga ACB.

Nigel Williams-Goss
Real Madrid  – No. 0
Información persoal
Nacemento 16 de setembro de 1994 (29 anos)
Happy Valley, Oregón
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Findlay Prep (Henderson, Nevada)
Universidade Washington (2013–2015)
Gonzaga (2016–2017)
NBA Draft 2017 / Rolda: 2 / Elección: 55
Por Utah Jazz
Carreira dende 2017
Historial de equipos
Partizan (2017–2018)
Olympiacos (2018–2019)
Utah Jazz (2019–2020)
Salt Lake City Stars (2019–2020)
Lokomotiv Kuban (2021)
Real Madrid (2021–presente)

Traxectoria profesional editar

O 23 de xuño de 2017, Williams-Goss foi seleccionado na 55ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Utah Jazz. Tras xogar cos Jazz a Liga de Verán da NBA de 2017, asinou un contrato de dous anos co KK Partizan serbio o 28 de agosto de 2017.[1]

En xullo de 2018, Williams-Goss asinou un acordo de tres anos co Olympiacos BC grego.[2] O 15 de xullo de 2019, o Olympiacos anunciou que Williams-Goss exerceu a súa cláusula de saída para unirse ós Utah Jazz. Catro días máis tarde, asinou cos Jazz.[3]

O 5 de xaneiro de 2021, o PBC Lokomotiv Kuban ruso fichou a Williams-Goss ata final de tempada.[4]

O 13 de xullo de 2021, anunciouse a fichaxe de Williams-Goss por dous anos co Real Madrid da Liga ACB.[5]

Notas editar

  1. "Najdžel Vilijams-Gos dve godine u Partizanu". kkpartizan.rs. 28 de agosto de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2017. 
  2. "Nigel Williams-Goss agrees to multi-year deal with Olympiacos". The Slipper Still Fits (en inglés). 2018-07-04. Consultado o 2023-08-11. 
  3. "Jazz Sign Nigel Williams-Goss". NBA.com. 19 de xullo de 2019. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  4. "Loko signed Nigel Williams-Goss". lokobasket.com. 5 de xaneiro de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  5. "El Real Madrid oficializa el fichaje de Nigel Williams-Goss". Eurohoops.net. Consultado o 13 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar