Nick Minnerath

baloncestista estadounidense

Nicolas Lake Scott "Nick" Minnerath, nado o 11 de agosto de 1988 en Cody, Wyoming, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no Shabab Al Ahli. Cunha estatura de 2,06 metros xoga na posición de ala-pivote.

Nick Minnerath
Shabab Al Ahli  – No. 41
Información persoal
Nacemento 11 de agosto de 1988 (35 anos)
Cody, Wyoming
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Nauset
(North Eastham, Massachusetts)
Universidade Jackson (2008–2010)
Detroit (2010–2013)
NBA Draft 2013 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2013
Historial de equipos
Obradoiro CAB (2013–2014)
STB Le Havre (2014)
Cholet Basket (2014–2015)
Canton Charge (2015–2016)
Avtodor Saratov (2016–2017)
Shanghai Sharks (2017–2018)
Xinjiang Flying Tigers (2018)
Leones de Ponce (2019)
Seoul Samsung Thunders (2019–2020)
Seoul SK Knights (2020–2021)
Shabab Al Ahli (2021–presente)

Traxectoria profesional editar

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2013, Minnerath uniuse ós Sacramento Kings para xogar a Liga de Verán da NBA de 2013. O 30 de agosto de 2013, asinou un contrato dunha tempada co Obradoiro CAB da Liga ACB.[1] O 13 de xaneiro de 2014 deixou o Obradoiro tras 15 partidos xogados, nos que fixo 6.0 puntos e 2.2 rebotes por encontro.[2]

O 28 de setembro de 2015, Minnerath asinou cos Cleveland Cavaliers.[3] Foi cortado polos Cavaliers o 22 de outubro de 2015 tras participar en tres partidos de pretempada.[4]

Notas editar

  1. "Obradoiro announced Nick Minnerath". Sportando.com. 30 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 1 de xullo de 2014. 
  2. "Nick Minnerath, Obradoiro part ways". Sportando.com. 13 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 1 de xullo de 2014. 
  3. "Cavaliers Announce 2015-16 Training Camp Roster". NBA.com. 28 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2015. Consultado o 28 de setembro de 2015. 
  4. "Cavs Re-Sign Forward Tristan Thompson". NBA.com. 22 de outubro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar