Abrir o menú principal

Nicanor Duarte

(Redirixido desde "Nicanor Duarte Frutos")

Óscar Nicanor Duarte Frutos (nado o 11 de outubro de 1956) foi presidente do Paraguai dende 2003 ata 2008. Pertence ao Partido Colorado.

Nicanor Duarte
Paraguay.NicanorDuarte.02.jpg
Nacemento11 de outubro de 1956
 Coronel Oviedo
NacionalidadeParaguai
RelixiónProtestantismo
Educado enUniversidade Católica de Nossa Senhora de Assunção
Ocupaciónpolítico e avogado
PremiosOrdem Nacional do Mérito, Ordem do Infante D. Henrique, Orde de Isabel a Católica e Order pro merito Melitensi
editar datos en Wikidata ]

Primeiros anosEditar

Fillo dun policía afiliado á Asociación Nacional Republicana (Partido Colorado) o máis importante e influente do país; a súa nai era costureira. Posteriormente se afanou na política. É afiliado ó mesmo partido do seu pai dende os 14 anos. Áchase casado actualmente con Gloria María Penayo sendo ambos de relixión protestante; teñen seis fillos.

Duarte é avogado, filósofo, xornalista e docente de socioloxía. Cursou os seus estudos na Universidade Nacional de Asunción e a Universidade Católica de Asunción. Foi Ministro de Educación durante os gobernos de Juan Carlos Wasmosy (1993-1998) e Luis Ángel González Macchi (1999-2003).

PresidenciaEditar

Nicanor Duarte é Presidente da República do Paraguai, tras gaña-las eleccións xerais en abril de 2003 co 37,1% de votos como candidato do Partido Colorado, agrupación política que goberna ininterrompidamente este país dende 1947.

Duarte prometeu rematar coa pobreza e a corrupción, recoñecidas por el mesmo como alarmantes. Tralo incendio dun centro comercial na capital paraguaia e o secuestro e asasinato da filla do ex-presidente Raúl Cubas que tivo que afronta-lo seu goberno, Duarte admitiu que estes incidentes e outros máis son consecuencias directas da galopante corrupción que azouta o país.

A pesar de ser integrante dun partido conservador, Duarte realizou unha política máis ben esquerdista contrastando cos seus correlixionarios de gobernos predecesores. Entre estas medidas destacan o seu rexeito ó neoliberalismo na súa política económica, a súa oposición ó ALCA, a procura de cooperación de gobernos latinoamericanos como o do presidente venezolano Hugo Chávez (venda de petróleos a prezos preferenciais), ademais das boas relacións cos gobernos de Brasil de Luiz Inácio Lula da Silva e da Arxentina de Néstor Kirchner, así como o reforzamento do Mercosur. Así a todo, Duarte foi duramente criticado por varios gobernos latinoamericanos por permitir o ingreso de tropas estadounidenses no territorio paraguaio para efectuar exercicios conxuntos co Exército dese país e permitir construír unha base militar, na tripla fronteira, supostamente para combate-lo narcotráfico e o terrorismo islamista, pero algúns sectores consideran que o seu verdadeiro motivo da presenza militar estadounidense é para apoderase do acuífero guaraní.

O 8 de marzo do 2006, A Corte Suprema de Xustiza, ditou unha resolución na cal permitía a Duarte exerce-la presidencia do Partido Colorado e asemade a presidencia do país (asumiría a presidencia de dito partido o 14 de marzo dese mesmo ano). O fallo, ditado pola Corte, era unha clara e aberta violación á Constitución Nacional, xa que a mesma prohibe ó presidente e ó vicepresidente exercer dous cargos ó mesmo tempo.

Esta resolución xerou un gran descontento na poboación (excluíndo a algúns afiliados do seu partido) polo que o 28 de marzo, aproximadamente 40.000 persoas marcharon fronte a Mburuvichá Róga (residencia dos presidentes do país) para manifestar repulsión ó presidente e esixir ós cinco ministros da Corte, que ditaron a polémica resolución, as súas renuncias dos seus respectivos cargos. Esta marcha, que estaba constituída por partidos da oposición, os non afiliados e tamén algúns afiliados ó propio partido do presidente, era encabezada polo Monseñor de San Pedro, Fernando Lugo.

Tamén é criticado por se preocupar dos seus propios intereses antes do que polos grandes problemas que azoutan o país, por exemplo, chamar a unha Constituínte soamente para incluí-la reelección presidencial e así gobernar por outro período. Así a todo, a súa intención faise cada vez máis imposible, xa que algúns congresistas do seu partido lle retiraron o seu apoio, e, algúns constitucionalistas consideran pouco probable que se chame a unha Constituínte só para tratar este punto.

A pesar de iniciar o seu mandato cun alto índice de popularidade, Duarte viu cae-la porcentaxe de paraguaios que aproban a súa xestión. Esta tendencia acompaña o desgaste político do propio Partido Colorado, que a pesar de ser aínda o partido máis poderoso do Paraguai, foi perdendo hexemonía tralas distintas eleccións dende da restauración da democracia.