O estadio de Newlands é un recinto deportivo adicado ó rugby sito en Cidade do Cabo, Suráfrica, con capacidade para 51 900 seareiros. O estadio inaugurouse en 1890 e acolleu os encontros dos equipos locais Western Province e Stormers até a súa clausura en 2020. Foi ademais un dos estadios máis empregados pola selección nacional de rugby, os Springboks.

Newlands Stadium
Encontro dos Stormers en Newlands.
Coordenadas33°58′13″S 18°28′06″L / -33.970298, 18.468448Coordenadas: 33°58′13″S 18°28′06″L / -33.970298, 18.468448
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A decisión de comprar os terreos nos que foi construído o estadio foi tomada pola Western Province Rugby Football Union en 1888. O primeiro encontro oficial en Newlands tivo lugar o 31 de maio de 1890 cando Stellenbosch derrotou a Villagers diante dunhas 2400 persoas. Ó ano seguinte o estadio acolleu a seu primeiro encontro internacional cando os British and Irish Lions visitaron Suráfrica.

En 1919 fixéronse as primeiras bancadas de formigón. Despois, en 1927, construíuse a nova tribuna principal e a dirección do terreo de xogo foi cambiada nun sentido norte-sur. Outros cambios chegaron en 1931 cando a bancada sur foi ampliada.

Na década de 1950 houbo ampliacións, e novamente na década de 1970, cando o cuartel xeral da federación de rugby de Suráfrica (SA Rugby) foi trasladada ó estadio. Na década de 1980 demoleuse a tribuna sur e construíuse unha nova tribuna bautizada como tribuna Danie Craven. A capacidade do recinto aumentou en 10 253 asentos.

Entre 1990 e 1995 o estadio estivo en renovación constante, engadindo tecnoloxía, aumentando capacidade e mellorando as instalacións, como parte dun plan de remodelación en 3 fases con vistas á Copa do Mundo de Rugby de 1995, na que Newlands acolleu o encontro inaugural do torneo.

Trala Copa do Mundo, continuaron os proxectos de remodelación e ampliación do estadio para facelo máis moderno e aumentar a súa capacidade.

Copa do Mundo de Rugby 1995

editar

En 1995 o estadio foi un dos recintos que acolleron a Copa do Mundo de Rugby organizada por Suráfrica. O estadio acolleu dous encontros da fase de grupos, unha eliminatoria de cuartos de final na que Inglaterra derrotou a Australia por 25 a 22, e unha da semifinais na que Nova Zelandia eliminou a Inglaterra por 45 a 29.

Data Equipo #1 Resultado Equipo #2 Rolda Asistencia
25 maio 1995

  Suráfrica

27–18

  Australia

Grupo A 51 000
30 maio 1995

  Suráfrica

21–8

  Romanía

Grupo A 45 000
11 xuño 1995

  Inglaterra

25–22

  Australia

Cuartos de final 35 448
18 xuño 1995

  Inglaterra

29–45

  Nova Zelandia

Semifinais 51 000

Futuro

editar

En 2009 inaugurouse o Cape Town Stadium cunha capacidade para 58 000 seareiros que acolleu oito encontros do Mundial de Fútbol de 2010. Os donos do estadio de Newlands comezaron a propoñer a posibilidade de que os equipos de rugby locais se mudasen ó novo estadio, e que Newlands fose vendido.

En 2020 confirmouse que o estadio sería vendido e demolido para edificar vivendas. O último encontro dos Springboks en Newlands tivo lugar o 23 de xuño de 2018, e o último encontro dos Stormers o 29 de febreiro de 2020. A venda do estadio atrasouse cando un grupo de antigos xogadores de rugby liderados polo exSpringbok Wynand Claasen entregaron unha petición para que o recinto fose declarado sitio de patrimonio. O proceso segue en marcha.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar