Nasua
Nasua | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Nasua é un xénero de pequenos mamíferos omnívoros americanos da superfamilia Canoidea e a familia dos prociónidos. Reciben o nome de coatís.[1]
DistribuciónEditar
Habitan en América dende o sur dos Estados Unidos até as provincias arxentinas de Córdoba, Entre Ríos, Tucumán, Misiones e o noroeste do Uruguai. Están adaptados principalmente a biomas cálidos e tépedos nos que predomine unha foresta densa, sendo a poboación de Arizona case unha excepción. Tamén se atopan nalgunhas zonas de México como Quintana Roo (Playa del Carmen), Iucatán (Costa) e Novo León (Sierra Madre).
CaracterísticasEditar
Miden entre 40 a 140 cm de lonxitude, segundo a especie. O máis frecuente é que os exemplares adultos midan máis de 80 cm. Nesta medición cóntase a súa alongada cola que ten por si soa unha lonxitude equiparable á do resto do corpo. As súas alturas a nivel da cruz son moi reducidas (raramente máis de 30 cm). Posúen extremidades curtas concluídas en fortes unllas que lles permiten furar chans de terra bastante duros, fociño alongado e puntiagudo que lles facilita un excelente olfacto, ollos relativamente grandes e orellas curtas.
A pelame dos coatís ten cores que varían dende o castaño ó negro pasando polo avermellado.
EspeciesEditar
NotasEditar
- ↑ Definición de coatí no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase taménEditar
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nasua |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nasua |