Coatí de cola anelada
O coatí de cola anelada[2] (Nasua nasua) é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos prociónidos que habita predominantemente nas selvas suramericanas e a parte meridional de Centroamérica.
Coatí de cola anelada | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Nasua nasua (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||||||
Distribución
editarHabita en selvas de América tropical e subtropical, en Colombia, Venezuela, Güiana, o Brasil, Ecuador, o Perú, Bolivia, Paraguai até o norte da Arxentina e do Uruguai e mesmo foi introducida no Arquipélago Juan Fernández en Chile.
Identificación
editarÉ un mamífero relacionado co mapache, pero a especie caracterízase por ter un fociño longo e poutas de oso.
A súa pel é ou pardo suave ou negra, con ventre máis claro, e aneis brancos na cola en moitos casos. A súa cabeza é delgada cun nariz alongado, orellas pequenas, pés negros, cola longa non prénsil usada para balancearse e sinalar.
Subespecies
editarEsta especie atópase dividida en 13 subespecies:[3]
Notas
editar- ↑ Emmons, L. & Helgen, K. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 22 de abril de 2010.
- ↑ BUSCatermos coatí de cola anelada, que dá como fontes: Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000, e Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
- ↑ "Mammal Species of the World, 3rd edition". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2011. Consultado o 30 de abril de 2018.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Coatí de cola anelada |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coatí de cola anelada |