Naftali Temu

Naftali Temu, nado o 20 de abril de 1945 e finado o 10 de marzo de 2003, foi un atleta kenyano, que gañou o ouro olímpico e mailo bronce nas probas dos 10.000 e 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de México.

Naftali Temu
Naftali Temu Mexico City 1968.jpg
Nacemento20 de abril de 1945
 Nyamira county
Falecemento10 de marzo de 2003
 Nairobi
CausaCancro de próstata
NacionalidadeKenya
Ocupaciónmaratoniano, fondista e atleta
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro México 1968 10.000 m
Bronce México 1968 5.000 m

TraxectoriaEditar

Nado no Distrito de Nyamira, Naftali Temu comezou a correr aos 14 anos de idade. Logo de rematar a súa etapa escolar uniuse á Armada Kenyana.[1]

Temu competiu nos Xogos Olímpicos de Toquio, finalizando no posto 49 na proba de maratón.[2]

Nos Xogos Panafricanos de 1965 obtivo a medalla de prata nos 5.000 metros, o ouro foi para Kipchoge Keino. Apareceu na escena internacional das carreiras de fondo nos Xogos da Mancomunidade (en inglés Commonwealth Games) de 1966 en Kingston, Xamaica gañando a medalla de ouro e batendo ao posuidor do récord mundial Ron Clarke nas 6 millas. Dous días despois Temu terminou cuarto nas 3 millas.

Nos Xogos Olímpicos de México, na final dos 10.000 metros, tan só o etíope Mamo Wolde puido aguantar o seu ritmo. Wolde foi superado por Temu a tan só 50 metros da meta facéndose este último co ouro olímpico.

Catro días despois, participou na final dos 5.000 metros, onde gañou a medalla de bronce, tan só batido de preto polo tunesino Mohammed Gammoudi e polo seu compatriota Kip Keino. Tamén participou na maratón, onde tivo outra grande batalla con Wolde, pero ao contrario que este último, despois de 30 km Temu estaba esgotado e só conseguiu finalizar no posto dezanove.

O resto da carreira deportiva de Temu foi pouco sobresaínte, non volveu acadar os primeiros postos en ningunha competición.

Retirouse en 1973. Morreu á idade de 57 anos dun cancro de próstata en Kenya. Naftali Temu non puido pagar os 600 dólares que requiría o seu tratamento médico.

NotasEditar