Nacionalismo baluchi
O nacionalismo baluchi[1] é o nacionalismo que afirma que o pobo baluchi, grupo étnico de Paquistán, Irán e Afganistán, é unha nación distinta. O movemento afirma a idea de que os musulmáns non son unha nación e que lealdade étnica está por enriba da lealdade relixiosa. Esta ideoloxía oponse ó concepto da creación de Paquistán, o cal foi desafiado tanto pola guerra civil de 1971 en Paquistán Oriental como pola discriminación que moitos mohajir sufriron historicamente dentro de Paquistán.[2]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/97/Flag_of_the_Baloch_People.svg/220px-Flag_of_the_Baloch_People.svg.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/00/Major_ethnic_groups_of_Pakistan_in_1980_borders_removed.jpg/250px-Major_ethnic_groups_of_Pakistan_in_1980_borders_removed.jpg)
Poboación baluchi por país en porcentaxe (2020). Paquistán (61.8%) Irán (18.2%) Afganistán (13.6%) Emiratos Árabes Unidos (2.7%) Outros (3.7%)
The News International informou no ano 2012 que unha enquisa local da organización "Gallup" revelou que a maioría dos baluchis non apoian a independencia de Paquistán. A enquisa reflicte que o 37% dos baluchis estaban a prol da independencia. Entre os paxtos de Baluchistán o apoio á independencia era aínda menor, co 12%. Porén, unha maioría (o 67%) da poboación de Baluchistán estaban a prol dunha maior autonomía provincial.[3] Unha enquisa de 2009 do Centro de Investigación Pew revelou que o 58% dos preguntados en Baluchistán escolleron ″paquistaní″ como o seu principal xeito de identificación, mentres que o 32% escolleu a súa etnia e un 10% escolleu ambos.[4]
Notas
editar- ↑ Definición de baluchi no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Murtaza, Dr Niaz (23 de xaneiro de 2014). "The Mohajir question". DAWN.COM (en inglés).
- ↑ "37pc Baloch favour independence: UK survey". The News International. 13 de agosto de 2012.
- ↑ "Pakistani Public Opinion – Chapter 2. Religion, Law, and Society". Pew Research Center. 13 de agosto de 2009.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- In Afghanistan's Shadow: Baluch Nationalism and Soviet Temptations, Selig Harrison, Carnegie Endowment for International Peace, Nova York, 1981
- Baluch Nationalism and Superpower Rivalry, Selig Harrison Arquivado 25 de outubro de 2012 en Wayback Machine., International Security, Vol. 5 No. 3 (inverno de 1980-1981) pp 152–163
- Knights, Not Pawns: Ethno-Nationalism and Regional Dynamics in Post-Colonial Balochistan, Paul Titus e Nina Swidler, International Journal of Middle East Studies, Vol. 32, No. 1 (febreiro de 2000), pp. 47–69