Ácido N-metil-D-aspártico

composto químico
(Redirixido desde "NMDA")

O ácido N-metil-D-aspártico, abreviado como NMDA, tamén chamado N-metil-D-aspartato, é un derivado de aminoácido que actúa como agonista específico no receptor de NMDA, imitando a acción do glutamato, que é o neurotransmisor que normalmente actúa nese receptor. A diferenza do glutamato, o NMDA só se une e regula ao receptor de NMDA e non ten efecto sobre outros receptores do glutamato (como os específicos para o AMPA e o kainato). Os receptores de NMDA son especialmente importantes cando están sobreactivados durante, por exemplo, o abandono do consumo de alcohol etílico en alcohólicos, xa que causa síntomas como axitación e, ás veces, convulsións epileptiformes.

Ácido N-metil-D-aspártico
Identificadores
Número CAS 6384-92-5
PubChem 22880
ChemSpider 21436
KEGG C12269
MeSH N-Methylaspartate
ChEBI CHEBI:31882
ChEMBL CHEMBL291278
Ligando IUPHAR 4268
Número RTECS CI9457000
Referencia Beilstein 1724431
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C5H9NO4
Masa molar 147,13 g mol−1
Aspecto Cristais opacos brancos
Olor Inodoro
Punto de fusión 189–190 °C; 372–374 °F; 462–463 K
log P 1,39
Acidez (pKa) 2,206
Basicidade (pKb) 11,791
Perigosidade
Frases S S22, S24/25
LD50 137 mg kg−1 (intraperitoneal, rato)

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Función biolóxicaEditar

O NMDA é unha substancia sintética hidrosoluble que non se encontra normalmente nos tecidos biolóxicos. Foi sintetizada por primeira vez na década de 1960. O NMDA é unha excitotoxina (mata células nerviosas ao sobreexcitalas); isto ten aplicacións en investigacións das neurociencias do comportamento. O campo de traballo no que se utiliza esta técnica adoita denominarse "estudos de lesións". Os investigadores aplican NMDA a rexións específicas do cerebro dun suxeito animal ou da súa medula espiñal e seguidamente comproban o comportamento de interese, como un comportamento operante. Se o comportamento se ve afectado, iso suxire que o tecido destruído formaba parte da rexión do cerebro que facía unha importante contribución á expresión normal dese comportamento.

Porén, en pequenas cantidades o NMDA non é neurotóxico. De feito, o funcionamento normal do receptor de NMDA permite que os individuos respondan a estímulos excitarorios por medio do funcionamento interrelacionado dos receptores de NMDA, o glutamato e a dopamina.

Por tanto, a acción do glutamato especificamente a través dos receptores de NMDA pode investigarse inxectando pequenas cantidades de NMDA en certas rexións do cerebro: por exemplo, a inxección de NMDA na rexión do tronco cerebral induce a locomoción involuntaria en gatos e ratas.

O mecanismo de acción do receptor de NMDA é que un agonista específico se una ás súas subunidades NR2 e que despois se abra unha canle de catións non específica, o que permite o paso de Ca2+ e Na+ cara ao interior da célula e de K+ cara ao exterior. O potencial postsináptico excitatorio producido pola activación dun receptor de NMDA tamén incrementa a concentración de Ca2+ na célula. O Ca2+ pode á súa vez funcionar como segundo mensaxeiro en varias vías de sinalización.[2][3][4][5] Este proceso está modulado por varios compostos endóxenos e exóxenos e xoga un papel clave nunha ampla variedade de procesos fisiolóxicos (por exemplo, a memoria) e patolóxicos (por exemplo, a excitotoxicidade).

 
Receptor de NMDA activado

AntagonistasEditar

Exemplos de antagonistas, máis apropiaamente denominados bloqueadores de canle receptora, do receptor de NMDA son: APV, amantadina, dextrometorfano (DXM), ketamina, magnesio,[6] tiletamina, fenciclidina (PCP), riluzol, memantina, metoxetamina (MXE), metoxfenidina (MXP) e ácido quinurénico. Aínda que a dizocilpina é xeralmente considerada como bloqueador prototípico do receptor de NMDA e é o axente máis común utilizado en investigación, os estudos en animais demostraron que produce certo grao de neurotoxicidade, o cal pode ocorrer ou non en humanos. Estes compostos denomínanse normalmente antagonistas do receptor de NMDA.

NotasEditar

  1. "N-Methylaspartate - Compound Summary". PubChem Compound. USA: National Center for Biotechnology Information. 24 June 2005. Identification. Consultado o 9 January 2012. 
  2. Dingledine, R; Borges K (Mar 1999). "The glutamate receptor ion channels". Pharmacol. Rev. 51 (1): 7–61. PMID 10049997. 
  3. Liu, Y; Zhang J (Oct 2000). "Recent development in NMDA receptors". Chin Med J (Engl) 113 (10): 948–56. PMID 11775847. 
  4. Cull-Candy, S; Brickley S (Jun 2001). "NMDA receptor subunits: diversity, development and disease". Current Opinion in Neurobiology 11 (3): 327–35. PMID 11399431. doi:10.1016/S0959-4388(00)00215-4. 
  5. Paoletti, P; Neyton J (Feb 2007). "NMDA receptor subunits: function and pharmacology". Current Opinion in Pharmacology 7 (1): 39–47. PMID 17088105. doi:10.1016/j.coph.2006.08.011. 
  6. Murck, H. (2002-01-01). "Magnesium and Affective Disorders". Nutritional Neuroscience 5 (6): 375–389. ISSN 1028-415X. PMID 12509067. doi:10.1080/1028415021000039194. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar