Museo do Correo (Finlandia)

Coordenadas: 61°30′10.85″N 23°45′37.29″L / 61.5030139, -23.7603583

O Museo do Correo (en finés Postimuseo) é un museo situado na cidade de Tampere (Finlandia), e integrado dentro do Museokeskus Vapriikki (en galego Centro Museístico Vapriikki). O museo está centrado na especializado en historia postal de Finlandia. Fundado en Helsinqui en 1927, en 2014 foi trasladado á cidade de Tampere.

Museo do Correo
Postimuseo
Coordenadas61°30′10.85″N 23°45′37.29″L / 61.5030139, -23.7603583
PaísFinlandia Finlandia
CidadeTampere
TipoMuseo especializado
Inauguración1927 (en Helsinqui)
2014 (traslado a Tampere)
Visitantes173 019 (2017)[1]
Na rede
https://www.postimuseo.fi/en/, https://www.postimuseo.fi/sv/ e https://www.postimuseo.fi/fi/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O museo abriu as súas portas en 1927 na rúa Yrjönkatu de Helsinqui.[2]

Durante a Guerra de Continuación, en 1941 o museo perdeu a súa casa e permaneceu almacenado. A situación non mellorou ao finalizar a contenda e todo o seu material mantívose almacenado ao non atoparse un espazo para acollelo ata que en maio de 1954 abriu de novo as súas portas na oficina de correo de Vaasa, un espazo de 250 no que permanecería ata 1958.[2][3]

En febreiro de 1962 inaugurouse en Helsinqui como Museo Postal e Telegráfico na rúa Tehtaankatu nun espazo con dous andares e 600 m² na que se combinaron as coleccións de telégrafo, teléfono e radio coa de historia postal. O nome do museo mudou a Posti- ja telemuseoksi (en galego Museo do Correo e as Telecomunicacións) o 1 de marzo de 1971.[2]

Na década de 1980 houbo unha procura activa de novos locais para acoller o museo, presentándose ademais de Helsinqui outras cidades como Turku, Hämeenlinna, Espoo ou Tampere, sendo esta última a opción que máis avanzou e plantexouse a posibilidade de establecer o museo na antiga oficina de correos e telégrafos da cidade, un edificio finalizado na década de 1920, con todo este plano para trasladar o museo a Tampere non chegou materializarse e finalmente o museo dividiuse en dous: o museo postal e o de telecomunicacións. O museo foi trasladado en 1992 dende Tehtaankat ata o Postitalo, tamén na capital, e en 2003 e 2008 foi renovado.[2]

Os elevados custos do museo postal no Postitalo motivaron a procura de novos espazos en 2010. Finalmente atopáronse novas instalacións axeitadas duns 650 m² no Museokeskus Vapriikki, a onde se trasladou en 2014.[2]

Notas editar

  1. Lehto, Essi (9 de xaneiro de 2018). "Postimuseo muutti Helsingistä Tampereelle, ja kävijämäärä yli kolminkertaistui – Viime vuodesta uusi ennätys". Aamulehti (en finés). Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Postimuseon historiaa" (en finés). postimuseo.fi. Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  3. Lehtinen, Nina (21 de maio de 2013). "Postissa virhe kannattaa museoida". Aamulehti (en finés). p. B19. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar