Museo van Gogh
O Museo van Gogh é unha pinacoteca situada na praza do Museumplein en Ámsterdam (Países Baixos), que alberga obras do pintor neerlandés Vincent van Gogh e dos seus contemporáneos. Ten a máis grande colección de pinturas e debuxos de Van Gogh do mundo.
Museo van Gogh | |
---|---|
Fachada do Van Gogh Museum | |
Coordenadas | 52°21′30.30″N 4°52′51.90″L / 52.3584167, -4.8810833 |
País | Países Baixos |
Cidade | Ámsterdam |
Director | Axel Rüger |
Construción | 1963 |
Inauguración | 1973 |
Visitantes | 1.451.139 (2009) |
Na rede | |
http://www.vangoghmuseum.nl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Historia
editarAo morrer Vincent van Gogh, á idade de 37 anos, deixou o extenso legado de aproximadamente 900 pinturas e uns 1.100 debuxos. Destes lograra vender moi poucos e regalando algúns ás súas amizades. Tódolos seus bens foron finalmente herdados polo seu irmán máis novo, o comerciante de arte Theo van Gogh. Que ademais das obras do seu irmán Vincent, coleccionou obras doutros importantes artistas como Paul Gauguin, Henri de Toulouse-Lautrec, Léon Lhermitte e Jean-François Millet. Lamentablemente Theo morreu un ano despois de Vincent, polo que a herdanza foi administrada pola súa viúva, Johanna van Gogh.
A muller, tras marchar do país, volveu aos Países Baixos, onde organizou as primeiras exhibicións coas obras de Van Gogh, contribuíndo moito á difusión e o coñecemento público do artista. En 1905 tivo lugar a primeira grande exposición, no Stedelijk Museum en Ámsterdan, xa que o gran Rijksmuseum se negou a aceptar ás obras de Vincent en préstamo.
Debido a que o pintor fixera varias versións de mesmos temas, Johanna van Gogh puido vender algunhas das pinturas da colección, sen dar a impresión xeral de reducila, ademais promoveu a publicación das cartas do seu marido en varios idiomas.
Despois da morte de Johanna, o seu fillo, o enxeñeiro Vincent Willem van Gogh (1890-1978), herdou a colección, poñendo a colección a disposición de varios museos en calidade de préstamo, ata que en 1960 creou a Fundación Vincent Van Gogh, á que encomendou a colección. As pinturas exhibíronse en exposición permanente no Stedelijk Museum, até que en 1973 o Museo van Gogh abriu as súas portas.
Edificios
editarO museo consta de dous edificios. A construción orixinal é obra do arquitecto holandés Gerrit Rietveld (1888-1964), inaugurado en 1973. O arquitecto da á de exposicións foi Kisho Kurokawa, sendo terminada en 1999 por Gojko.
Colección
editarO museo posúe máis de 200 pinturas de Vincent van Gogh, de tódolos seus períodos de creación, e uns 400 debuxos. Entre as obras principais expostas atópanse Os comedores de patacas, O dormitorio en Arles e unha das versións dos xirasoles.
Ademais, o museo ten a custodia da maioría das cartas de Vincent van Gogh. A colección de obras de artistas do século XIX iniciada por Theo van Gogh foi ampliada continuamente con recursos da fundación, de modo que o museo conta con obras de artistas como: Lawrence Alma-Tadema, Émile Bernard, Gustave Boulanger, Jules Breton, Gustave Caillebotte, Gustave Courbet, Thomas Couture, Charles-François Daubigny, Maurice Denis, Paul Gauguin, Jozef Israëls, Johan Barthold Jongkind, Édouard Manet, Anton Mauve, Jean-François Millet, Claude Monet, Camille Pissarro, Pierre Puvis de Chavannes, Odilon Redon, Georges Seurat, Paul Signac, Henri de Toulouse-Lautrec, Kees van Dongen e Franz von Stuck.
Obras en exhibición
editar-
Vincent van Gogh: Xardín de verduras en Montmartre.
-
Vincent van Gogh: Recámara de Vincent .
-
Vincent van Gogh: Autorretrato fronte ao bastidor.
-
Vincent van Gogh: Campo baixo ceo tormentoso.
-
Édouard Manet: O dique de Boulogne.
-
Claude Monet: Muíños de vento nas proximidades de Zaandam.
-
Paul Gauguin: Mangas.
-
Toulouse-Lautrec: Retrato de Vincent van Gogh .