Stedelijk Museum
O Museo Stedelijk (en galego Museo municipal) de Ámsterdam, Países Baixos. É un museo de arte moderna e está situado na Praza dos Museos ("Museumplein") preto do Rijksmuseum e do Museo van Gogh.
Stedelijk Museum | |
---|---|
Fachada do Museo Stedelijk | |
Coordenadas | 52°21′29″N 4°52′47″L / 52.358056, 4.879722 |
País | Países Baixos |
Cidade | Ámsterdam |
Director | Gijs van Tuyl |
Inauguración | 1895 |
Visitantes | 225.956 (2005) |
Na rede | |
https://www.stedelijk.nl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A súa colección inclúe unha habitación pintada por Karel Appel e unha gran colección de pinturas de Kasimir Malevich. O Stedelijk recolocouse temporalmente dende o seu antigo local en Museumplein a Oosterdokskade 3-5, xusto ao leste da Estación Central.
Este edificio, anteriormente de correos, tamén alberga unha serie de compañías relacionadas cos medios e a arte. A planta superior ofrece unha das mellores vistas da cidade. Hai un restaurante durante o día e un club pola noite.
-
Imaxe do interior do museo
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stedelijk Museum |