Muscicapa

xénero de aves

Papamoscas
Muscicapa

Muscicapa striata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Muscicapoidea
Familia: Muscicapidae
Subfamilia: Muscicapinae
Xénero: Muscicapa
Brison, 1760
Especies
  • Véxase o texto

Muscicapa é un xénero de ave paseriforme, suborde dos Passeri, infraorde dos Passerida, superfamilia dos muscicapoideos. o tipo da familia dos muscicápidos.

O xénero comprende 25 especies, segundo o ITIS e máis o Congreso Ornitolóxico Internacional (COI),[1][2] ou 27, segundo outros autores,[3] de paxaros insectívoros de pequeno tamaño coñecidos popularmente como papamoscas,[4] distribuídos por Eurasia e África.

A maioría das especies viven en hábitats boscosos. Varias delas son migratorias, indo de Europa e o norte de Asia cara ao sur no inverno.[5]

Características editar

Son paxaros pequenos, de 9 a 15 cm de lonxitude. Teñen a cabeza grande, a cola curta, as patas así mesmo son curtas, e con pés delicados; o bico é aplanado, pero afiado, máis amplo na base. A súa plumaxe é a miúdo de cores intensas, parda ou gris, bastante uniforme; porén, os exemplares xuvenís téñena máis manchada ou apencada.[5][6]

Teñen o costume de pousar en lugares altos, onde permanecen moi quietos, a miúdo ergueitos, desde onte parten en frecuentes e fulgurantes saídas para capturar insectos en pleno voo, non só ou entre a follaxe.[6]

Contrúen niños xeralmente en forma de cunca nunha rama de árbore, pero algunhas especies africanas aniñan en buratos das árbores.[5]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson, na súa obra:

Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, espèces & leurs variétés: à laquelle on a joint une description exacte de chaque espèce, avec les citations des auteurs qui en ont traité, les noms qu'ils leur ont donnés, ceux que leur ont donnés les différentes nations, & les noms vulgaires.[7][8]

Etimoloxía editar

O nome científico Muscicapa está formado polos elementos musci- e -capa, tirados do latín musca, -ae, "mosca" e o verbo capio, cepi, captum, capere, "coller", "capturar".[9]

Clasificación editar

En 2010 dous estudos de filoxenia molecular das especies da familia dos muscicápidos mostraron que o xénero Muscicapa non é monofilético. Porén, os seus autores foron incapaces de propoñer uns novos xéneros, porque non foron revisadas todas as especies.[10][11] Nun estudo posterior, publicado en 2016, no que se inclúen 37 das 42 especies da subfamilia dos muscicapinos, confírmase que Muscicapa non é monofilético, e nel proponse unha reorganización taxonómica con varios xéneros novos ou recuperados.[12]

Especies editar

Segundo o ITIS e o COI, o xénero comprende as seguintes 25 especies:[1][2]

Xénero Muscicapa Brison, 1760

En Galicia editar

En Galicia só se encontra, de maio a setembro (inverna en África), en campos abertos, hortas e cultivos, con árbores espalladas, a especie Muscicapa striata, o papamoscas cincento, aínda que a súa presenza é moi rara.[13]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Muscicapa Brisson, 1760 no ITIS.
  2. 2,0 2,1 Muscicapa na orde dos Passeriformes. Congreso Ornitolóxico Internacional,
  3. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2016). "Chats, Old World flycatchers". World Bird List Version 6.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 9 de abril de 2017. 
  4. papamoscas, 1ª acep., no dicionario da RAG.
  5. 5,0 5,1 5,2 Sinclair et al. (2003), Perrins (2004), del Hoyo et al. (2006).
  6. 6,0 6,1 Svensson et al. (2001).
  7. Ver texto completo.
  8. Brisson, Mathurin Jacques (1760). Ornithologie; ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, espéces & leurs variétés. &c. (en latín e francés). Paris: Jean-Baptiste Bauche. Ver vol. 1 p. 32, Ver vol. 2 p. 357. 
  9. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, United Kingdom: Christopher Helm. p. 260. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  10. Sangster, G.; Alström, P.; Forsmark, E.; Olsson, U. (2010). "Multi-locus phylogenetic analysis of Old World chats and flycatchers reveals extensive paraphyly at family, subfamily and genus level (Aves: Muscicapidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 57 (1): 380–392. PMID 20656044. doi:10.1016/j.ympev.2010.07.008. 
  11. Zuccon, D.; Ericson, P.G.P. (2010). "A multi-gene phylogeny disentangles the chat-flycatcher complex (Aves: Muscicapidae)". Zoologica Scripta 39 (3): 213–224. doi:10.1111/j.1463-6409.2010.00423.x. 
  12. Voelker, G.; Huntley, J. W.; Peñalba, J. V.; Bowie, R. C. K. (2016). "Resolving taxonomic uncertainty and historical biogeographic patterns in Muscicapa flycatchers and their allies". Molecular Phylogenetics and Evolution 94: 618–625. PMID 26475615. doi:10.1016/j.ympev.2015.09.026. 
  13. Penas Patiño, Xosé M. et al. (1991), p. 266.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Sargatal, Jordi (eds.) (2006): Handbook of Birds of the World. Volume 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Bellaterra (Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-96553-06-X.
  • King, Ben; Rostron, Philip; Luijendijk, Teus; Bouwman, Rob & Quispel, Chris (1999): "An undescribed Muscicapa flycatcher on Sulawesi, Indonesia". Forktail 15: 104.
  • Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía de aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións, p. 198. ISBN 84-87674-06-2.
  • Perrins, Christopher (ed.) (2004): The New Encyclopedia of Birds. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 0-19-852506-0.
  • Sinclair, Ian; Ryan, Pete; Christy, Patrice & Hockey, Phil (2003): Birds of Africa: a complete illustrated field guide to the birds of the Sahara. Cape Town: Struik. ISBN 1-86872-857-9.
  • Svensson, Lars, & Peter J. Grant (2001): Guía de aves. La guía de campo de aves de España y de Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-218-X.
  • Williams, John G. & Arlott, Normann (1980): A Field Guide of the Birds os East Africa. Londres: Collins. ISBN 0-0021-9179-2.

Outros artigos editar

Ligazóns extrernas editar