Mursego
Mursego é o proxecto musical da compositora e violoncellista vasca Maite Arroitajauregi, nada en Éibar (Guipúscoa) en 1977.[1]
Mursego | |
---|---|
Ladyfest Madriz 2010, CSA Tabacalera | |
Orixe | Éibar, País Vasco |
Xénero(s) | experimental |
Membros | Maite Arroitajauregi |
Na rede | |
Mursego en Bandcamp | |
Traxectoria
editarÉ graduada en violoncello pola Escola de Música de Vitoria. Participou como cellista noutros proxectos musicais do País Vasco, como Japan Gora, Napoka Iria, Kokein, Miztura, Lisabö, Kashbad, Anari ou Manett. Entre os elementos que utiliza nas súas composicións, ademais do cello, atópanse o loop station, chiflo, pratos chineses, frauta de émbolo, theremín, pandeireta, ukelele, autoarpa, rimas, palmas e voz.
Aínda que a súa principal formación provén da música clásica, tamén recibiu influencia de grupos de música popular e rock, como Hello Cuca, Lida Damunt, Fugazi, Pixies, Sonic Youth, Atahualpa Yupanqui, Víctor Jara, Mikel Laboa ou Matt Elliott.[2] Tamén compuxo a banda sonora de diversos proxectos cinematográficos.
Discografía
editar- Bat (2009)
- Bi (2010)
- Hiru (2013)
- Mursegokeriak (2013)
Bandas sonoras
editarNotas
editar- ↑ "Mursego".
- ↑ "Música para un murciélago surrealista".
- ↑ "Cine invisible Mursego". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2013. Consultado o 12 de abril de 2018.
- ↑ "director Emak Bakia". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2018. Consultado o 12 de abril de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Mursego en Artisteras.
- Entrevista a Mursego en El Diario Vasco.
- Mursego en Bandcamp