William Reaside

(Redirixido desde "Mr. Cowan")

William Reaside, nado nado en Glasgow en 1892, foi un xogador e adestrador de fútbol escocés, coñecido tamén comoW. H. Cowan.

William Reaside
Información persoal
Nacido 1892
Lugar Edimburgo
Falecido século XX
Lugar Old Kilpatrick
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou sendo adestrador de atletismo ó tempo que xogaba ó fútbol en equipos da súa Escocia natal, entre eles o Hibernian F.C. Convertido en axudante do adestrador Chas During, traballou no humilde St.Miven, no Glasgow University e en varios clubs de Noruega.

Chega a Vigo o 31 de xullo de 1927 para facerse cargo do Celta de Vigo substituíndo a Andrés Balsa. So adestraría ao equipo olívico na tempada 1927-28, na que o levaría a cuartos de final da Copa de España, onde caería derrotado ante a Real Sociedad.

No campionato galego o Celta quedaría subcampión e, esa mesma tempada, xogaría a primeira Liga da historia en modo de proba, conseguindo o subcampionato por detrás do Racing de Santander, aínda que é a titulo de anécdota, xa que non ten valor oficial ningún.

No verán de 1928 o Celta baixo a dirección de Cowan realizou unha xira por Suramérica na que disputou tres encontros en Buenos Aires, dous en Uruguai e un en Rosario.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar