Mouruás, San Xoán de Río, San Xoán de Río

lugar da parroquia de San Xoán de Río, no concello de San Xoán de Río

Mouruás é unha aldea da parroquia de San Xoán de Río no concello homónimo da provincia de Ourense. Pertence á Comarca da Terra de Trives. Segundo os datos do INE, en 2014 tiña 39 habitantes (17 homes e 22 mulleres).

Mouruás
Mouuas3.jpg
Mouruás.
ParroquiaSan Xoán de Río
ConcelloSan Xoán de Río
Poboación39 hab. (2014)
editar datos en Wikidata ]

PatrimonioEditar

Na Pena dos Castros atopouse en 1967 a espada de Mouruás, unha espada pistiliforme da idade de bronce, conservada actualmente no museo de Ourense.

Mouruás posúe unha ermida de estilo barroco, na que o 25 de xullo se celebra a festa no honor de Santiago Apóstolo. En tempos celebrouse a batalla de Mouros e Cristiáns, recuperada a mediados da década de 1980 e desaparecida de novo logo de dous anos.

En 1931 tomou posesión como mestre tras aprobar as oposicións Juan Alcaide Sánchez, o poeta español da generación del 36. Na escola de Mouruás, xa desaparecida, exerceu durante 3 anos, ata o seu traslado a Puerto Lápice.

Mouruás é coñecido pola súa panadería, na que se elaboran bicas e empanadas.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de San Xoán de RíoEditar

Lugares da parroquia de San Xoán de Río no concello de San Xoán de Río (Ourense)

Abelaído | A Alenza | O Campo | Cerniza | Domecelle | Fondo de Vila | Mouruás | A Ponte Navea | A Pousa | O Reboledo | San Miguel | A Torre Vella | Valdonedo

Parroquias de San Xoán de RíoEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de San Xoán de Río

As Cabanas (San Paio) | Castrelo (Santa María) | Cerdeira (Santa María Madanela) | Medos (Santa Mariña) | San Silvestre de Argas (San Silvestre) | San Xoán de Río (San Xoán) | San Xurxo (Santa María da O) | Seoane de Argas (San Xoán) | Vilardá (Santa María)