Generación del 36

Este artigo refírese á «Generación del 36» de escritores en castelán, non confundir coa «Xeración do 36» de poetas galegos.

A generación del 36 (tamén chamada xeración de 1936, promoción do 36 ou primeira xeración de posguerra) foi un movemento literario en lingua castelá situado entre 1936 e 1941, constituído polos escritores, poetas e dramaturgos da época da guerra civil española.[1][2]

Compoñentes

editar

Entre os seus membros estaban, entre outros, os poetas Miguel Hernández, Leopoldo Panero, Dionisio Ridruejo, Luis Rosales, Arturo Serrano Plaja, Luis Felipe Vivanco, Rafael Duyos, Gabriel Celaya e José María Luelmo.

Entre os prosistas inclúese a María Zambrano, Antonio Rodríguez Moñino, José Antonio Maravall, Antonio Sánchez Barbudo, Enrique Azcoaga, Eusebio Garci Luengo, José Ferrater Mora, Ricardo Gullón etc.

Incorporáronse máis tarde José Luis Cano, José Luis Aranguren, Dionisio Ridruejo, Pedro Laín Entralgo, Julián Marías, José Manuel Blecua e Ramón de Garciasol.

  1. Artigo Xeración do 36 da EGU (nota: a EGU contén dous artigos de título idéntico: Xeración do 36. Un refírese á Generación del 36 de escritores en castelán e o outro á Xeración do 36 de poetas galegos [1])
  2. Soldevila-Durante 1986.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar