Luis Moure Mariño
Luis Moure Mariño ou Luis Moure-Mariño, nado en Escairón (O Saviñao) en 1915 e finado na Coruña o 6 de novembro de 1999,[1] foi un escritor galego.
Luis Moure Mariño ![]() | |
---|---|
Nacemento | 1915 |
Escairón | |
Falecemento | 6 de novembro de 1999 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Irmáns | Pablo Moure Mariño |
Xéneros | Ensaio, novela |
Estudos | Dereito |
Premios | Medalla Castelao |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudante de Dereito en Madrid, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 Moure Mariño militaba na Falange[2] e incorporouse como propagandista do bando franquista, colaborando en Azul. Despois desprazouse a Burgos, onde Franco montou a capital dos sublevados. Ao remate da guerra seguiu estudando dereito, pero continuou tamén os seus labores como xornalista. Foi profesor axudante de dereito político en Madrid ata que regresou a Galicia como notario.
De ideoloxía conservadora, colaborou en numerosos xornais galegos como El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia. Tamén foi cronista oficial da vila de Monforte desde 1997.[3]
En 1990 foi condecorado coa medalla Castelao.
Obra editar
En castelán editar
Como escritor publicou a maior parte da súa obra en castelán: ensaios como Perfil humano de Franco (1938), Galicia en la guerra (1939), La desigualdad humana (1983), La generación del 36: Memorias de Salamanca y Burgos (1989), Ultimas cartas de amor (1992), novelas como Fantasías reales: memorias de un protocolo (1961), traducido ao galego en 1983 como Fantasías reais : almas dun protocolo, e relatos como La corona de fuego y otras historias (1991).
En galego editar
En 1970 publicou o seu primeiro libro en galego, Sempre matinando ao que seguiron en 1980 Arredor da lareira (Edicións do Castro) e en 1990 Un feixe de contos.
Vida persoal editar
O seu irmán, Pablo Moure Mariño, foi deputado no Parlamento de Galicia entre 1981 e 1985.
Notas editar
- ↑ http://vello.vieiros.com/gterra/antiga.php?Ed=7&id=4643[Ligazón morta]
- ↑ Núñez Seixas, Xosé Manoel. ¿Fuera el invasor!, Marcial Pons, 2006
- ↑ Troyano Viedma, José Manuel. "Cronistas oficiales de las comunidades autónomas de Cantabria, Cataluña, Extremadura y Galicia (España)". Real Asociación Española de Cronistas Oficiales (en castelán).
Predecesor: José Luis Balado Pérez |
Cronista de Monforte de Lemos 1997 - 1999 |
Sucesor: Margarita Rodríguez Otero |