Motoo Kimura
Motoo Kimura Motoo Kimura (木村 資生 Kimura Motoo?, 13 de novembro do 1924 - 13 de novembro do 1994) foi un biólogo xaponés mellor coñecido por introducir a teoría neutralista da evolución molecular no 1968 [1]. Converteuse nun dos máis relevantes e influentes na teoría da xenética de poboacións. Será lembrado na xenética polo uso innovador da ecuación de difusión para o cálculo da probabilidade de fixación de alelos beneficiosos, neutrais ou prexudiciais[2]. Combinando a xenética de poboacións teórica cos datos de evolución molecular, desenvolveu ademais Teoría neutralista da evolución molecular no que a deriva xenética é a principal forza que cambia a frecuencia dos alelos nas poboacións.[3] James F. Crowll, por si mesmo xa un honorífico xenético de poboacións, considerou a Kimura como un dos grandes da xenética evolutiva, de par con Gustave Malécot, despois do trío da Síntese evolutiva moderna (Haldane, Wright, Fisher).[4]
(2019) | |
Nome orixinal | (ja) 木村資生 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de novembro de 1924 Okazaki, Xapón |
Morte | 13 de novembro de 1994 (70 anos) Xapón |
Causa da morte | hemorraxia cerebral esclerose lateral amiotrófica |
Educación | Universidade de Wisconsin-Madison - Doutor en filosofía (–1956) Universidade de Kyoto |
Director de tese | James F. Crow (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xenética de poboacións |
Ocupación | biólogo, matemático, xenetista |
Membro de | |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Vida e traballo
editarKimura naceu en Okazaki, Prefectura de Aichi. Dende ben novo, estivo interesado na botánica, aínda que era excelente nas matemáticas (mesmo ensinándose a si mesmo xeometría e a outros matemáticas durante unha longa convalecencia por intoxicación alimenticia). Despois de rematar o proceso selectivo do bacharelato en Nagoya, Kimura orientouse á morfoloxía de plantas e a citoloxía, traballando no laboratorio con M. Kumazawa estudando a estrutura cromosómica das Liliaceae. Con Kumazawa, descubriu como conectar os seus intereses da botánica e das matemáticas: coa biometría[5].
Por mor da Segunda guerra mundial, Kimura deixou a escola superior cedo para entrar na Universidade Imperial de Kyoto no 1944. Baixo a advertencia do eminente xenitista Hitoshi Kihara, Kimura entrou no programa de botánica e non no de citoloxía xa que o anterior estaría na Facultade de Ciencias e non na de Agricultura e co con isto evadiría a obriga militar. Uniuse ao laboratorio de Kihara despois da guerra, onde estudou a introdución de cromosomas externos en plantas e aprendeu os fundamentos da xenética de poboacións. No 1949, Kimura uniuse ao Instituto Nacional de Xenética en Mishima, Shizuoka. No 1953 publicou o seu primeiro artigo en xenética de poboacións (que no seu momento chegaría a ter un impacto relevante), e no que describía o modelo de saltos de pedra para a estrutura de poboacións que podería tratar patróns máis complexos de inmigración que os anteriores traballos de Sewall Wright do "modelo de illas". Despois dunha visita ao xenético americano Duncan McDonald (parte do Comisión de bombas atómicas), Kimura conseguiu entrar na escola do Colexio Estatal de Iowa no verán do 1953 para estudar con J. L. Lush.[5].
Kimura atopou axiña o Colexio Estatal de Iowa bastante restritivo e decidiu mudarse á Universidade de Wisconsin para traballar con modelos estocásticos con James F. Crow e unirse a súa forte comunidade intelectual de xenetistas de semellante idea teórica, e que incluía a Newton Morton e, máis significativamente, a Sewal Wright. Chegados ao final dos estudos de graduado, Kimura publicou un artigo no 1955 no Cold Spring Harbor Symposium. As súas achegas dende Winsconsin incluían un modelo xeral para a deriva xenética, que poderían abranguer múltiples alelos, selección, migración e mutacións, así como parte de traballo baseado no Teorema fundamental da selección natural de R.A. Fisher. Traballou así mesmo sobre do traballo de Wright coa ecuación de Fokker-Planck introducindo as Ecuacións regresiva de Kolmogorov na xenética de poboacións e con isto permitindo o cálculo da probabilidade dun xene de fixarse nunha poboación. Recibiu o seu Doutoramento no 1956, antes de volver ao Xapón, onde permanecería para o resto da súa vida traballando no Instituto Nacional de Xenética[5].
Kimura traballou nun amplo abano de problemas da xenética de poboacións, moitos deles en colaboración con Takeo Maruyama. Introduciu os " alelos infinitos" e "sitios infinitos" para o estudo da deriva xenética, e que ambos serían moi usados no campo na emerxencia da evolución molecular pola análise de maior número de péptidos e secuencias xenética. Tamén creou o "modelo de escada" que se puido aplicar nos estudos de electroforese onde as proteínas homólogas difiren por unidades de carga completa. Unha exposición previa disto publicouna no 1960 na súa «Unha introdución á xenética de poboacións».[6] Contribuíu ademais cunha importante artigo de revisión no nese momento activo debate da carga xenética no 1961.
O 1969 supón un gran cambio de na carreira de Kimura. Nese ano introduce a teoría neutralista da evolución molecular, a idea de que a nivel molecular, a meirande parte do cambio xénico é neutro con respecto á selección natural; convertendo con isto a deriva xenética no factor principal da evolución. .[7] O campo da bioloxía molecular expandiuse rapidamente e xerouse unha ampla tensión entre os advocados do emerxente campo reducionista e os científicos da bioloxía de organismo, o campo tradicional da evolutiva. A teoría neutralista foi dende o momento controvertida e recibiu apoio por parte de moitos biólogos moleculares e atraeu a oposición de moitos biólogos evolutivos (aínda que cunha ampla cantidade de diverxencia neste patrón en ámbolos dous lados, especialmente entre eses que estudaron a teoría con profundidade).
Kimura adicou o resto da súa vida a desenvolver e defender a teoría neutralista. Como dixo James Crow, "moito do traballo previo de Kimura chegou a se converter nun pre-adaptado [marco] para usar no estudo cuantitativo da evolución neutralista"[5]. Coas novas técnicas experimentais e cun maior coñecemento en xenética, Kimura expandiu o enfoque da teoría neutralista e creou os métodos matemáticos para comprobala cos novas probas dispoñibles. No 1973, o seu compañeiro Tomoko Ohta desenvolveu unha versión máis xeral da teoría, a "teoría case neutralista da evolución molecular", que podía soportar maiores volumes de mutacións lixeiramente prexudiciais. Kimura elaborou un monográfico da teoría neutralista no ano 1983, "A Teoría Neutralista da Evolución Molecular" e traballou tamén promocionando a teoría en escritos de máis difusión como "A Miña Visión da Evolución", un libro que se converteu no máis vendido no Xapón.[8]
Aínda que é complexo contrastala contra as hipóteses alternativas centradas na selección, a teoría neutralista converteuse en parte da orientación actual na evolutiva molecular.[9]
No 1992 Kimura recibiu a Medalla de Darwin da Royal Society, e o seguinte ano foi declarado membro desta.[5] Casou con Hiroko Kimura e tiveron un fillo, Akio, e unha neta, Hanako.[10]
Honras
editar- 1959 - Premio da Sociedade do Xapón[4]
- 1965 - Premio do Memorial de Weldon, Oxford[4]
- 1968 - Premio da Academia do Xapón[4]
- 1973 - Membro estranxeiro da Academia das Ciencias dos Estados Unidos
- 1976 - Personaxe de Mérito Cultural
- 1976 - Orde da Cultura[4]
- 1982 - Membro da Academia do Xapón
- 1986 - Chevalier de l'Ordre Nationale de Merite[4]
- 1987 - Premio Asahi Shimbun[4]
- 1987 - Premio John J. Carty para o Avance en Ciencia da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos en bioloxía evolutiva.[11]
- 1988 - Premio Internacional de Bioloxía
- 1992 - Medalla de Darwin [5][12]
- 1993 - Membro estranxeiro da Royal Society
Notas
editar- ↑ Kimura, Motoo (1968). "Evolutionary rate at the molecular level" (– Scholar search). Nature 217 (5129): 624–626. Bibcode:1968Natur.217..624K. PMID 5637732. doi:10.1038/217624a0.
- ↑ G.A. Watterson (1996). "Motoo Kimura's Use of Diffusion Theory in Population Genetics". Theoretical Population Biology 49 (2): 154–188. doi:10.1006/tpbi.1996.0010.
- ↑ Ohta T. and Gillespie J.H. (1996). "Development of neutral and nearly neutral theories". Theoretical Population Biology 49 (2): 128–142. PMID 8813019. doi:10.1006/tpbi.1996.0007.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Crow, James F. (1995). "Motoo Kimura (1924-1994)". Genetics 140 (1): 1–5. PMC 1206539. PMID 7635277.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 James F. Crow (1997). "Motoo Kimura. 13 November 1924—13 November 1994". Biogr. Mems Fell. R. Soc. 43: 255–265. doi:10.1098/rsbm.1997.0014.
- ↑ Kimura Motoo, Shūdan Idengaku gairon, Baifūkan, Tokyo 1960
- ↑ Kimura, Motoo (1983). The neutral theory of molecular evolution. Cambridge University Press, 1968,. ISBN 0-521-23109-4.
- ↑ Kimura, Motoo (1988). Seibutsu shinka wo kangaeru (My views on evolution) (en Japanese). Iwanami Shoten. ISBN 4-00-430019-3.
- ↑ James F. Crow (1996). "Memories of Motô". Theoretical Population Biology 49 (2): 122–127. doi:10.1006/tpbi.1996.0006.
- ↑ Tomoko Y. Steen (1996). "Always an eccentric?: A brief biography of Motoo Kimura". Journal of Genetics 75 (1): 19–25. doi:10.1007/BF02931748.
- ↑ "John J. Carty Award for the Advancement of Science". National Academy of Sciences. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 25 February 2011.
- ↑ Royal Society: archived record Arquivado 15 de abril de 2013 en Archive.is