A deriva xenética ou deriva xénica é unha forza evolutiva que actúa xunto coa selección natural mudando as características das especies no tempo. É un efecto estocástico que emerxe do rol do mostraxe aleatorio na reprodución. Trátase dun cambio aleatorio na frecuencia de alelos dunha xeración a outra. Normalmente dáse unha perda dos alelos menos frecuentes e unha fixación (frecuencia próxima ao 100%) dos máis frecuentes, resultando unha diminución na diversidade xenotípica da poboación.

Como a selección, actúa sobre as poboacións, alterando a frecuencia dos alelos (frecuencia alélica) e a predominancia dos caracteres sobre os membros dunha poboación, e cambiando a diversidad xenética do grupo. Os efectos da deriva acentúanse en poboacións de tamaño pequeno (como pode ocorrer no efecto de pescozo de botella ou o efecto fundador), e resultan en cambios que non son necesariamente adaptativos.

A deriva xenetica tende a formar unha poboación homocigótica, é dicir tende a eliminar os xenotipos heterocigóticos. Ademais, xa que en cada poboación poden ser distintos os alelos que se perden e fíxanse, a deriva fai que dous ou máis poboacións da mesma especie tendan a diferenciarse xeneticamente.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.