Morte de George Floyd

Asasinato de un afroamericano en 2020 en Minneapolis, Minnesota, Estados Unidos da América

A morte de George Floyd ocorreu o 25 de maio de 2020 na veciñanza de Powderhorn, na cidade de Minneapolis, Minnesota (Estados Unidos), como resultado do seu arresto por parte de catro policías locais. En poucos días, o feito xerou unha onda de indignación e protestas ao longo dos Estados Unidos en contra do racismo, a xenofobia e os abusos policiais cara a cidadáns de raza negra.

Morte de George Floyd
Mural en Berlín retratando o rostro de George Floyd.
TipoAbuso policial
País Estados Unidos de América
LugarMinneapolis
LocalizaciónPowderhorn
Data25 de maio de 2020

Resumo

editar

George Floyd, un home afroamericano estadounidense, morreu por asfixia por falta de oxíxeno,[1] provocada polo oficial Derek Chauvin, quen tras esposalo e poñelo boca abaixo coa axuda dos axentes Thomas Lane e J. Alexander Kueng, quen acusadores din premeron ao arrestado contra o pavimento co seu xeonllo apoiado sobre o pescozo de George Floyd durante 8 minutos e 46 segundos. Floyd, mentres era detido, repetiu varias veces a frase "I can't breathe" (en galego, "Non podo respirar").[2][3][4][5] Mentres isto sucedía, o oficial Tou Thao, quen tamén se encontraba na escena, limitábase a observar e controlar aos presentes.[6] Este suceso foi gravado cos teléfonos móbiles dos presentes e difundido en diversas redes sociais. Os catro oficiais involucrados foron despedidos ao día seguinte.[7]

Segundo algúns medios, Floyd foi arrestado por intentar facer unha compra cun suposto billete falso de 20 dólares nunha tenda de comestibles.[8]

A solicitude do Departamento de Policía de Minneapolis, o FBI está conducindo unha investigación federal de dereitos civís respecto a este incidente. Paralelamente, a Oficina de Aprehensión Criminal de Minesota abócase á investigación de posíbeis violacións dos estatutos estatais.[2]

Produto do falecemento de Floyd, leváronse a cabo unha serie de manifestacións, as cales partiron en Minneapolis e estendéronse a todo o país. Nun principio, as manifestacións e protestas provocadas a raíz do deceso de Floyd foron pacíficas. Despois, parte dos manifestantes vandalizaron un recinto policial e un AutoZone, e ademais incendiaron, saquearon e danaron restaurantes e tendas nos arredores, como sucursais de Wendy's, Target e Dollar Tree.[9] A policía respondeu a estes feitos disparando gases lacrimóxenos e balas de goma contra os manifestantes.[10][11]

Persoas involucradas

editar

George Floyd

editar

George Floyd era un cidadán estadounidense[3] nativo de Houston, Texas, onde asistiu á Escola Preparatoria Yates, da que se graduou en 1993.[12] Floyd era un amigo do ex xogador de baloncesto Stephen Jackson, a quen coñeciu mentres vivía en Texas.[13]

George Floyd vivía en St. Louis Park, Minesota, onde se mudou despois de cumprir unha sentenza por roubo agravado[14]. Traballou como garda de seguridade nun restaurante de Minneapolis durante cinco anos.[15][16] Debido á pandemia de COVID-19 acababa de perder o seu emprego.[17] Floyd tiña unha fillaa chamada Gianna.[18]

Oficiais de policía

editar

Derek Chauvin

editar

Derek Chauvin, de 45 anos, foi identificado como o oficial que inmobilizou no chan a Floyd e asfixiouno co seu xeonllo no pescozo.[19] Traballaba no Departamento de Policía de Minneapolis dende 2001.[19] Chauvin contaba con 18 queixas no seu rexistro oficial, dúas das cales terminaron en medidas disciplinarias por parte do departamento e entre as que se incluían cartas oficiais por represión. Estivo involucrado en tres tiroteos, un dos cales tivo vítimas mortais.[19][20][21] O 29 de maio de 2020 Chauvin foi arrestado e posto baixo custodia.[22] Foi acusado por homicidio de terceiro grao e homicidio involuntario.[23]

Tou Thao

editar

Tou Thao cursou a academia de policía en 2009 e conseguiu un traballo de tempo completo en 2012. En 2019 foi demandado por brutalidade policial, asunto que foi resolto fora dos tribunais por 25 mil dólares.[19]

Outros oficiais

editar

Os outros dous oficiais implicados, identificados o 27 de maio como Thomas Lane e J. Alexander Kueng, tamén foron despedidos.[2] Ningún contaba con queixas no seu rexistro.

  1. "Floyd died of asphyxia - private post-mortem". BBC News (en inglés). 2020-06-01. Consultado o 2020-06-03. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "'This is the right call': Officers involved in fatal Minneapolis incident fired, mayor says". 26 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "‘Completely And Utterly Messed Up’: Video Of Fatal Arrest Shows MPD Officer Kneeling On Man’s Neck For At Least 7 Minutes". 26 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  4. "‘Completely And Utterly Messed Up’: Video Of Fatal Arrest Shows MPD Officer Kneeling On Man’s Neck For At Least 7 Minutes". 26 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  5. "FBI, BCA investigating in-custody death of man in south Minneapolis". 26 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  6. "New video shows Minneapolis police arrest of George Floyd before death". www.youtube.com. Consultado o 2020-05-28. 
  7. "4 Minneapolis police officers fired following death of George Floyd in police custody". FOX 9 (en inglés). 2020-05-26. Consultado o 2020-05-28. 
  8. Redacción (2020-05-31). "Qué pasó antes del arresto de George Floyd y cómo fueron sus últimos 30 minutos de vida". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2020-06-01. 
  9. AP (2020-05-28). "Violent protests rock Minneapolis for 2nd straight night over in-custody death". ABC7 Los Angeles (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-05-28. 
  10. CNN, Omar Jimenez, Nicole Chavez and Jason Hanna. "As heated protests over George Floyd's death continue, Minnesota governor warns of 'extremely dangerous situation'". CNN. Consultado o 2020-05-28. 
  11. DeMarche, Edmund (2020-05-28). "Deadly shooting near George Floyd protest as looting, arson grip Minneapolis". Fox News (en inglés). Consultado o 2020-05-28. 
  12. Coleman, Adam (2020-05-27). "Yates football program mourns death of George Floyd, gifted athlete and 'ultimate people person'". HoustonChronicle.com (en inglés). Consultado o 2020-05-28. 
  13. "Ex-NBA player Stephen Jackson mourns best friend George Floyd: Video 'destroyed me'". NBC News (en inglés). Consultado o 2020-05-28. 
  14. "EXCLUSIVE: A new start turns to a tragic end for George Floyd, who moved to Minneapolis determined to turn his life around after being released from prison in Texas". Daily Mail. Consultado o 2020-06-02. 
  15. "Man who died in police incident was good friend and like family to his boss, others". Star Tribune. Consultado o 2020-05-28. 
  16. "Man who died while being restrained by fired Minneapolis cop was from Houston, NAACP says". KBMT. Consultado o 2020-05-28. 
  17. Press, TODD RICHMOND The Associated. "George Floyd had started a new life in Minnesota before he was killed by police - The Boston Globe". BostonGlobe.com (en inglés). Consultado o 2020-05-28. 
  18. Palladino, Christina (2020-05-27). "Who was George Floyd? Family, friends, coworkers remember 'loving spirit'". FOX 9 (en inglés). Consultado o 2020-05-28. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 "What we know about Derek Chauvin and Tou Thao, two of the officers caught on tape in the death of George Floyd". Star Tribune. Consultado o 2020-05-28. 
  20. Scher, Isaac. "The police officer who knelt on George Floyd's neck has been involved in shootings and was the subject of 10 complaints". Insider. Consultado o 2020-05-28. 
  21. Melendez, Pilar (2020-05-28). "Minneapolis Man: Cop Who Kneeled on George Floyd ‘Tried to Kill Me’ in 2008". The Daily Beast (en inglés). Consultado o 2020-05-29. 
  22. Melendez, Pilar (2020-05-28). "Minneapolis Man: Cop Who Kneeled on George Floyd ‘Tried to Kill Me’ in 2008". The Daily Beast (en inglés). Consultado o 2020-05-29. 
  23. "Former MPD Officer Derek Chauvin In Custody, Charged With Murder In George Floyd's Death" (en inglés). 2020-05-29. Consultado o 2020-05-29. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar