Morte de George Floyd
A morte de George Floyd ocorreu o 25 de maio de 2020 na veciñanza de Powderhorn, na cidade de Minneapolis, Minnesota (Estados Unidos), como resultado do seu arresto por parte de catro policías locais. En poucos días, o feito xerou unha onda de indignación e protestas ao longo dos Estados Unidos en contra do racismo, a xenofobia e os abusos policiais cara a cidadáns de raza negra.
Morte de George Floyd | |
---|---|
Mural en Berlín retratando o rostro de George Floyd. | |
Tipo | Abuso policial |
País | Estados Unidos de América |
Lugar | Minneapolis |
Localización | Powderhorn |
Data | 25 de maio de 2020 |
Resumo
editarGeorge Floyd, un home afroamericano estadounidense, morreu por asfixia por falta de oxíxeno,[1] provocada polo oficial Derek Chauvin, quen tras esposalo e poñelo boca abaixo coa axuda dos axentes Thomas Lane e J. Alexander Kueng, quen acusadores din premeron ao arrestado contra o pavimento co seu xeonllo apoiado sobre o pescozo de George Floyd durante 8 minutos e 46 segundos. Floyd, mentres era detido, repetiu varias veces a frase "I can't breathe" (en galego, "Non podo respirar").[2][3][4][5] Mentres isto sucedía, o oficial Tou Thao, quen tamén se encontraba na escena, limitábase a observar e controlar aos presentes.[6] Este suceso foi gravado cos teléfonos móbiles dos presentes e difundido en diversas redes sociais. Os catro oficiais involucrados foron despedidos ao día seguinte.[7]
Segundo algúns medios, Floyd foi arrestado por intentar facer unha compra cun suposto billete falso de 20 dólares nunha tenda de comestibles.[8]
A solicitude do Departamento de Policía de Minneapolis, o FBI está conducindo unha investigación federal de dereitos civís respecto a este incidente. Paralelamente, a Oficina de Aprehensión Criminal de Minesota abócase á investigación de posíbeis violacións dos estatutos estatais.[2]
Produto do falecemento de Floyd, leváronse a cabo unha serie de manifestacións, as cales partiron en Minneapolis e estendéronse a todo o país. Nun principio, as manifestacións e protestas provocadas a raíz do deceso de Floyd foron pacíficas. Despois, parte dos manifestantes vandalizaron un recinto policial e un AutoZone, e ademais incendiaron, saquearon e danaron restaurantes e tendas nos arredores, como sucursais de Wendy's, Target e Dollar Tree.[9] A policía respondeu a estes feitos disparando gases lacrimóxenos e balas de goma contra os manifestantes.[10][11]
Persoas involucradas
editarGeorge Floyd
editarGeorge Floyd era un cidadán estadounidense[3] nativo de Houston, Texas, onde asistiu á Escola Preparatoria Yates, da que se graduou en 1993.[12] Floyd era un amigo do ex xogador de baloncesto Stephen Jackson, a quen coñeciu mentres vivía en Texas.[13]
George Floyd vivía en St. Louis Park, Minesota, onde se mudou despois de cumprir unha sentenza por roubo agravado[14]. Traballou como garda de seguridade nun restaurante de Minneapolis durante cinco anos.[15][16] Debido á pandemia de COVID-19 acababa de perder o seu emprego.[17] Floyd tiña unha fillaa chamada Gianna.[18]
Oficiais de policía
editarDerek Chauvin
editarDerek Chauvin, de 45 anos, foi identificado como o oficial que inmobilizou no chan a Floyd e asfixiouno co seu xeonllo no pescozo.[19] Traballaba no Departamento de Policía de Minneapolis dende 2001.[19] Chauvin contaba con 18 queixas no seu rexistro oficial, dúas das cales terminaron en medidas disciplinarias por parte do departamento e entre as que se incluían cartas oficiais por represión. Estivo involucrado en tres tiroteos, un dos cales tivo vítimas mortais.[19][20][21] O 29 de maio de 2020 Chauvin foi arrestado e posto baixo custodia.[22] Foi acusado por homicidio de terceiro grao e homicidio involuntario.[23]
Tou Thao
editarTou Thao cursou a academia de policía en 2009 e conseguiu un traballo de tempo completo en 2012. En 2019 foi demandado por brutalidade policial, asunto que foi resolto fora dos tribunais por 25 mil dólares.[19]
Outros oficiais
editarOs outros dous oficiais implicados, identificados o 27 de maio como Thomas Lane e J. Alexander Kueng, tamén foron despedidos.[2] Ningún contaba con queixas no seu rexistro.
Notas
editar- ↑ "Floyd died of asphyxia - private post-mortem". BBC News (en inglés). 2020-06-01. Consultado o 2020-06-03.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "'This is the right call': Officers involved in fatal Minneapolis incident fired, mayor says". 26 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "‘Completely And Utterly Messed Up’: Video Of Fatal Arrest Shows MPD Officer Kneeling On Man’s Neck For At Least 7 Minutes". 26 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020.
- ↑ "‘Completely And Utterly Messed Up’: Video Of Fatal Arrest Shows MPD Officer Kneeling On Man’s Neck For At Least 7 Minutes". 26 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020.
- ↑ "FBI, BCA investigating in-custody death of man in south Minneapolis". 26 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020.
- ↑ "New video shows Minneapolis police arrest of George Floyd before death". www.youtube.com. Consultado o 2020-05-28.
- ↑ "4 Minneapolis police officers fired following death of George Floyd in police custody". FOX 9 (en inglés). 2020-05-26. Consultado o 2020-05-28.
- ↑ Redacción (2020-05-31). "Qué pasó antes del arresto de George Floyd y cómo fueron sus últimos 30 minutos de vida". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2020-06-01.
- ↑ AP (2020-05-28). "Violent protests rock Minneapolis for 2nd straight night over in-custody death". ABC7 Los Angeles (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-05-28.
- ↑ CNN, Omar Jimenez, Nicole Chavez and Jason Hanna. "As heated protests over George Floyd's death continue, Minnesota governor warns of 'extremely dangerous situation'". CNN. Consultado o 2020-05-28.
- ↑ DeMarche, Edmund (2020-05-28). "Deadly shooting near George Floyd protest as looting, arson grip Minneapolis". Fox News (en inglés). Consultado o 2020-05-28.
- ↑ Coleman, Adam (2020-05-27). "Yates football program mourns death of George Floyd, gifted athlete and 'ultimate people person'". HoustonChronicle.com (en inglés). Consultado o 2020-05-28.
- ↑ "Ex-NBA player Stephen Jackson mourns best friend George Floyd: Video 'destroyed me'". NBC News (en inglés). Consultado o 2020-05-28.
- ↑ "EXCLUSIVE: A new start turns to a tragic end for George Floyd, who moved to Minneapolis determined to turn his life around after being released from prison in Texas". Daily Mail. Consultado o 2020-06-02.
- ↑ "Man who died in police incident was good friend and like family to his boss, others". Star Tribune. Consultado o 2020-05-28.
- ↑ "Man who died while being restrained by fired Minneapolis cop was from Houston, NAACP says". KBMT. Consultado o 2020-05-28.
- ↑ Press, TODD RICHMOND The Associated. "George Floyd had started a new life in Minnesota before he was killed by police - The Boston Globe". BostonGlobe.com (en inglés). Consultado o 2020-05-28.
- ↑ Palladino, Christina (2020-05-27). "Who was George Floyd? Family, friends, coworkers remember 'loving spirit'". FOX 9 (en inglés). Consultado o 2020-05-28.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 "What we know about Derek Chauvin and Tou Thao, two of the officers caught on tape in the death of George Floyd". Star Tribune. Consultado o 2020-05-28.
- ↑ Scher, Isaac. "The police officer who knelt on George Floyd's neck has been involved in shootings and was the subject of 10 complaints". Insider. Consultado o 2020-05-28.
- ↑ Melendez, Pilar (2020-05-28). "Minneapolis Man: Cop Who Kneeled on George Floyd ‘Tried to Kill Me’ in 2008". The Daily Beast (en inglés). Consultado o 2020-05-29.
- ↑ Melendez, Pilar (2020-05-28). "Minneapolis Man: Cop Who Kneeled on George Floyd ‘Tried to Kill Me’ in 2008". The Daily Beast (en inglés). Consultado o 2020-05-29.
- ↑ "Former MPD Officer Derek Chauvin In Custody, Charged With Murder In George Floyd's Death" (en inglés). 2020-05-29. Consultado o 2020-05-29.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morte de George Floyd |