Moritz Wagner
Victor Moritz "Moe" Wagner, nado o 26 de abril de 1997 en Berlín, é un xogador profesional de baloncesto alemán que xoga para os Orlando Magic da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,11 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote. É o irmán do tamén xogador da NBA, Franz Wagner.
![]() | |
Orlando Magic – No. 21 | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 26 de abril de 1997 (26 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 111 kg (245 lb) |
Información da carreira | |
Universidade | Michigan (2015–2018) |
NBA Draft | 2018 / Rolda: 1 / Elección: 25 Por Los Angeles Lakers |
Carreira | 2014–2015; 2018–presente |
Historial de equipos | |
Alba Berlin (2014–2015) Los Angeles Lakers (2018–2019) → South Bay Lakers (2018) Washington Wizards (2019–2021) Boston Celtics (2021) Orlando Magic (2021–presente) |
Traxectoria profesionalEditar
O 21 de xuño de 2018, Wagner foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Los Angeles Lakers.[1] O 1 de xullo de 2018, asinou cos Lakers o seu contrato de rookie.[2] Debutou na NBA o 17 de novembro de 2018 contra os Orlando Magic.[3]
O 6 de xullo de 2019, Wagner foi traspasado xunto a Isaac Bonga, Jemerrio Jones e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Washington Wizards, nun traspaso entre tres equipos no que os Lakers obtiveron a Anthony Davis.[4] Na súa segunda tempada na liga, foi elixido para xogar no Rising Stars Challenge do All-Star Weekend da NBA de 2020.[5]
O 25 de marzo de 2021, Wagner foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Chicago Bulls.[6] O 16 de abril de 2021, foi cortado polos Celtics.[7]
O 27 de abril de 2021, Wagner asinou cos Orlando Magic para o resto da tempada 2020-21.[8] O 23 de agosto de 2021, Wagner asinou un novo contrato cos Magic.[9]
NotasEditar
- ↑ "2018 NBA Draft: Who is Moritz Wagner, the Lakers' 25th pick?". Orange County Register. 21 de xuño de 2018. Consultado o 22 de xuño de 2018.
- ↑ Youngmisuk, Ohm (1 de xullo de 2018). "Lakers sign first-round pick Moritz Wagner". NBA.com. Consultado o 3 de xullo de 2018.
- ↑ "Defensive Breakdowns Cause End of Lakers' Win Streak". NBA.com. 17 de novembro de 2018. Consultado o 19 de novembro de 2018.
- ↑ "Wizards acquire Wagner, Jones and Bonga from Lakers". NBA.com. 5 de xullo de 2019.
- ↑ "NBA All-Stars Luka Doncic and Trae Young headline U.S. vs. World showdown in 2020 NBA Rising Stars". NBA.com. 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2020.
- ↑ "Celtics Acquire Moe Wagner, Luke Kornet in 3-Team Trade". NBA.com. 25 de marzo de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ "Celtics Sign Jabari Parker". NBA.com. 16 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-18.
In a corresponding roster move, the Celtics have waived center Moe Wagner.
- ↑ "Orlando Magic Sign Free Agent Center Moritz Wagner". NBA.com. 27 de abril de 2021. Consultado o 28 de abril de 2021.
- ↑ "Orlando Magic Re-Sign Moritz Wagner". NBA.com. 23 de agosto de 2021. Consultado o 21 de maio de 2022.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 18 de setembro de 2022 en Wayback Machine. (en inglés)