A morenosita é un mineral de níquel pouco frecuente descuberto polo mineraloxista Casares en 1850 xunto coa zaratita e presentado nun traballo publicado por Martínez Alcíbar. Foi atopado por vez primeira en Teixidelo, lugar da parroquia de Santo André de Teixido, concello de Cedeira.

Morenosita
Fórmula químicaNiSO4 · 7H2O
ClaseSulfato
Sistema cristalinoOrtorrómbico
CorVerde esmeralda, branco verdoso
BrilloVítreo
Dureza2 - 2,5 (escala de Mohs)
FracturaConcoidea
ExfoliaciónBoa
RaiaBranca verdosa
Densidade2,0 g/cm3

Aparece en forma de eflorescencias coma produto de alteracións da millerita. O seu nome deriva do mineralista Antonio Moreno Ruiz, da Academia de Ciencias Naturais (1796-1852).

Outro nome que recibe este mineral é epimillerita.

Propiedades editar

A morenosita é un mineral verde esmeralda ou branco verdoso de brillo vítreo que cristaliza no sistema ortorrómbico. É soluble en auga e deshidrátase ao aire libre, transformándose en retgersita (NiSO4 · 6H2O). Para evitar a perda da auga de hidratación, débese conservar nun recipiente cerrado ou en plástico.

Existe unha serie completa entre a morenosita e a epsomita (MgSO4 · 7H2O).

Morfoloxía e formación editar

Aparece en forma de pequenos cristais, estalactitas ou encostramentos. Os cristais naturais presentan forma acicular e os cristais sintéticos son prismáticos.

É un mineral secundario encontrado na zona oxidada de depósitos minerais hidrotermais que conteñen níquel, formado en solución acuosa a unha temperatura inferior a 31,5 °C.

Depósitos editar

Os depósitos de morenosita son bastante escasos. O tipo nomenclatural localízase no Cabo Ortegal (Galiza). Outros depósitos son os existentes na Alemaña —en Horbach (Baden-Württemberg)—, nos Montes Metalíferos (República Checa) e no Perú —en Cerro de Pasco (Departamento de Pasco)— .

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar