Pardal alpino

(Redirección desde «Montifringilla nivalis»)
Pardal alpino
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Passeridae
Xénero: Montifringilla
Especie: Montifringilla nivalis
(Linnaeus, 1766)
Sinonimia
  • Fringilla nivalis Linnaeus, 1766

O pardal alpino[2] ou pardal alibranco[3] (Montifringilla nivalis) é unha pequena ave paseriforme.

Ovos da especie da colección do Museo de Historia Natural de Tolosa

Taxonomía editar

En 1760 o zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson incluíu a descrición do pardal alpino na súa obra Ornithologie baseada nun espécime, pero sen especificar onde o recollera. Utilizou o nome francés Le pinçon de neige ou la niverolle e o latino Fringilla nivalis.[4] Aínda que Brisson acuñou os nomes en latín, estes non se axustaban ao sistema de nomenclatura binomial e non son recoñecidos pola Comisión Internacionl de Nomenclatura Zoolóxica.[5] Cando en 1766 o naturalista sueco Carl Linnaeus puxo ao día o seu Systema Naturae para a súa duodécima edición, engadiu 240 especies que foran previamente descritas por Brisson.[5] Unha destas era o pardal alpino. Linnaeus incluíu unha breve descrición, usando a nomenclatura binomial Fringilla nivalis e citando os traballos de Brisson. Linnaeus indicou como localidade tipo "América".[6] A localización tipo foi despois designada como Suíza.[7] O nome específico nivalis en latín significa "nival" ou "branco como a neve".[8] Esta especie está agora situada no xénero Montifringilla que foi introducido polo ornitólogo alemán Christian Ludwig Brehm en 1828.[9]

Recoñécense sete subespecies:[10]

  • M. n. nivalis (Linnaeus, 1766) – do sur de Europa.
  • M. n. leucura Bonaparte, 1855 – do sur e leste de Turquía.
  • M. n. alpicola (Pallas, 1811) – do Cáucaso e norte de Irán ata Afganistán.
  • M. n. gaddi Zarudny & Loudon, 1904 – do suroeste de Irán.
  • M. n. tianshanica Keve-Kleiner, 1943 – do leste de Casaquistán e norte de Taxiquistán.
  • M. n. groumgrzimaili Zarudny & Loudon, 1904 – do noroeste da China ata Mongolia central.
  • M. n. kwenlunensis Bianchi, 1908 – do centro oeste da China e norte do Tíbet.

Descrición editar

É un paxaro grande e robusto de 16,5 a 19 cm de lonxitude. As partes superiores son marróns, as inferiores brancas e a cabeza gris. Ten un panel na á branco estreito e longo. En verán, o bico é negro e ten un papo negro, o cal desaparece en inverno á vez que o bico se fai amarelo. Os sexos son similares.

 
En Tarn, Francia en decembro mostrando as cores invernais, incluíndo o bico laranxa

En voo, presenta ás negras con paneis das ás brancos grandes, e unha cola negra con beiras brancas. Esta ave ten unha canción parloteira con moitos trilos, e diversas chamadas vibrantes ou renxentes.

 
No norte dos Alpes, Francia en inverno

Distribución e hábitat editar

É unha especie reprodutora residente en montañas peladas, tipicamente por riba de 1 500 m, ao longo do sur de Europa (Pireneos, Alpes, Córsega, Balcáns) e a través de Asia central ata o oeste da China. En Galicia poden verse algúns en outono e inverno, pero son moi raros.[3] Nidifica en gretas ou toqueiras de roedores e pon de 3 a 4 ovos.

Comportamento editar

Aliméntase principalmente de sementes e dalgúns insectos. É destemido e busca alimento arredor das estacións de esquí. É resistente e raramente descende por debaixo dos 1 000  incluso durante o tempo invernal duro.

Notas editar

  1. "Montifringilla nivalis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Brisson, Mathurin Jacques (1760). Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés (en French e Latin). Volume 3. Paris: Jean-Baptiste Bauche. pp. 162–163, Plate 15 fig 1.  Os dous asteriscos (**) ao inicio da sección indican que Brisson baseou a súa descrición sobre o exame dun espécime.
  5. 5,0 5,1 Allen, J.A. (1910). "Collation of Brisson's genera of birds with those of Linnaeus". Bulletin of the American Museum of Natural History 28: 317–335. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2012. Consultado o 12 de agosto de 2019. 
  6. Linnaeus, Carl (1766). Systema naturae : per regna tria natura, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en Latin). Volume 1, Part 1 (12th ed.). Holmiae (Stockholm): Laurentii Salvii. p. 321. 
  7. Mayr, Ernst; Greenway, James C. Jr, eds. (1962). Check-list of birds of the world. Volume 15. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 27. 
  8. Jobling, J.A. (2018). del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D.A.; de Juana, E., eds. "Key to Scientific Names in Ornithology". Handbook of the Birds of the World Alive. Lynx Edicions. Consultado o 5 May 2018. 
  9. Brehm, Christian Ludwig (1828). "Montifringilla". Isis von Oken (en German) 21. Col. 1277. 
  10. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2018). "Old World sparrows, snowfinches, weavers". World Bird List Version 8.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 6 May 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar